ACTUACIÓNS GRATUITAS NA RECEPCIÓN DA TELEVISIÓN

28 / DEC / 2022

ACTUACIÓNS GRATUITAS NA RECEPCIÓN DA TELEVISIÓN

A entidade LLEGA700 leva a cabo as actuacións técnicas GRATUITAS necesarias nas instalacións de recepción dos usuarios de TDT.

O servizo de telefonía móbil de nova xeración (5G) na zona, podía producir afectacións na recepción de televisión dixital terrestre (TDT).

Para solucionar estas afectacións e garantir que a posta en servizo das estacións basee de telefonía móbil non afecte á TDT, a entidade LLEGA700 leva a cabo as actuacións técnicas necesarias nas instalacións de recepción dos usuarios de TDT. Estas actuacións son de carácter gratuíto para os cidadáns afectados.

O 31-12-2022, finalizará definitivamente o prazo para solicitar as actuacións gratuítas, por parte dos usuarios da TDT, polas posibles afectacións ocasionadas polos nodos de 4G e 5G.

Lembramos que para poder atender no centro de atención ao usuario e poder resolver as incidencias, terán que comunicarse ao teléfono gratuíto 900 833 999.

Arquivado en