ACTIVIDADES INFANTÍS GRATUITAS NO NADAL DE SADA

13 / DEC / 2022

ACTIVIDADES INFANTÍS GRATUITAS NO NADAL DE SADA

A concellería de Cultura organiza durante as Festas de Nadal diversas actividades infantís no local de actividades da OMIX (Oficina da Xuventude)

FORMULARIO DE INSCRICIÓN (ABERTO DO 15 AO 22 DE DECEMBRO)

 

Actividades infantís gratuitas no local de actividades da Oficina da Xuventude 

Datas: 

  • Luns 26 decembro de 11.00 a 13.00h: ADORNOS DE NADAL. Alumnado que curse Educación Infantil (4º, 5º e 6º)
  • Martes 27 de 11.00 a 13.00h: ADORNOS DE NADAL. Alumnado que curse Educación Primaria
  • Mércores 28 de 11.00 a 13.00h: CHAPAS DE NADAL. Alumnado que curse Educación infantil (4º, 5º e 6º)
  • Xoves 29 de 11.00 a 13.00h: CARIOCAS. Alumnado que curse Educación Primaria 

Cada grupo terá un máximo de 20 nenos/as. 

O prazo de inscrición é a través do formulario online dende o día 15 ás 09.00 até o día 22 de decembro ás 14.00

A praza será confirmada por correo electrónico o día 23 de decembro. 

Arquivado en