Actividade 8M: Nin máis nin menos

11 / MAR / 2026

Actividade 8M: Nin máis nin menos

Dentro das actividades do 8M a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Emprego programa nos Centros de Educación Primaria a actividade de narración oral "Nin máis nin menos".

 Unha actividade educativo-participativa en formato dinamización e narración oral, para o alumnado de 1º de Educación Primaria, que traballa valores de igualdade, respecto e corresponsabilidade a través dunha metodoloxía activa, próxima e vivencial.

A actividade desenrolarase o día 11 de marzo nos tres centros educativos de Educación Primaria.

Arquivado en