27 / FEB / 2026

A Concellería de Cultura programa o vernes 27 de febreiro ás 18:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura a obra «Abracadaver» de AsSircópatas. Espectáculo AGADIC
ENTRADA 3€ - Á VENDA A PARTIR DO LUNS 9 DE FEBREIRO Á PARTIRES DAS 9:30 HORAS
«Abracadaver» de AsSircópatas é un divertido espectáculo de rúa de circo e clown, ideal para toda a familia, enfocado en superar medos a través do humor.A obra, centrada no entrañable personaxe Rogelio, combina maxia, malabares, escapismo e música. Esta proposta é descrita como unha «terapia de choque» terroríficamente divertida.
Un espectáculo de circo para toda a familia terrorificamente divertido: unha terapia de choque para partirse de risa e desfacerse dos medos. O entrañable Rogelio volve nesta segunda entrega para presentar unha delirante proposta chea de sustos e bo humor. Clown, malabares, escapismo, rulo, acordeón, serrucho... todo preparado para levar a cabo o Abracadaver. Quen dixo medo?