A oficina para asesoramento dos afectados polas inundacións tramitou 104 axudas

20 / ABR / 2016

A oficina para asesoramento dos afectados polas inundacións tramitou 104 axudas

- A falta de dez días para que termine o prazo de presentación das axudas do real decreto 307/2015 o Concello de Sada ven de axudar na tramitación das solicitudes a cerca dun cento de afectados que tiveron asesoramento dos servizos sociais e da asesora xurídica do Consorcio das Mariñas.

- A Xunta non indicou todavía a data da entrevista de urxencia  co presidente, Alberto Núñez Feijoo, que solicitaron conxuntamente o pasado 12 de abril o alcalde de Sada e o alcalde de Carballo para trasladarle a situación das inundacións en ambos concellos.

Sada 20 abril 2016

O goberno local creou dous días despois das inundacións unha Oficina de Información e Asesoramento aos afectados. Nun primeiro momento dita oficina realizou un censo de afectados polos danos causados pola riada que incluía vivendas, trasteiros, locais comerciais, garaxes ou vehículos e asesorou aos veciños na tramitación dos partes ante o Consorcio de Seguros. 

O punto de información ampliouse o pasado 11 de abril cunha asesora xurídica do Consorcio dás Mariñas e persoal de Servizos Sociais para informar, asesorar e sobre todo tramitar as solicitudes das axudas que se poden outorgar en réxime de concesión directa segundo recolle o real decreto 307/2005. As solicitudes remitiranse á Delegación de Goberno antes do 30 deste mes e o Ministro do Interior deberá resolver as mesmas de forma motivada no prazo de seis meses desde a data en que aquelas tivesen entrada no rexistro da Delegación.

A falta de dez días para que termine o prazo de presentación das devantitas axudas do real decreto 307/2015 o Concello de Sada ven de axudar na tramitación das solicitudes a cerca dun cento de afectados.

O acalde de Sada, Benito Portela, xa indicou que estas axudas, complementarias ás compensacións dos seguros e ás que nun futuro poidan solicitarse, outórganse “cando debido a unha situación de natureza catastrófica altéranse substancialmente as condicións de vida da colectividade, e prodúcense graves danos que afectan a unha pluralidade de persoas e bens” como é o caso de Sada.

O concello de Sada estivo a chamar a todas as personas que formaban parte do censo da base de datos creada nas última semana desde o punto de información e asesoramento, para citalos e que xunto ao asesor xurídico do Consorcio das Mariñas e o persoal de Servizos Sociais tramitasen correctamente as solicitudes de axudas.

En total 104 persoas, prácticamente todas as que poden optar as axudas do decreto 307/2005, pasaron ata o día de onte por dita oficina principalmente afectados por danos en vivendas, locais comerciais, garaxes e trasteiros.

Completada a recepción de solicitudes, xunto coa documentación preceptiva, o concello remitirá as mesmas á Delegación do Goberno quen dará traslado dos expedientes á Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias. Unha vez avaliadas as solicitudes e  realizadas asas comprobacións e inspeccións complementarias procederase a ditar a proposta de resolución definitiva. O Ministro do Interior, á vista da proposta definitiva formulada pola Dirección Xeral de Protección Civil resolverá as solicitudes de forma motivada no prazo de seis meses.

“A concesión destas axudas, indica Portela, terá carácter subsidiario respecto de calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, do que poidan ser beneficiarios os afectados. No entanto, segundo indica o decreto das propias axudas, cando os mencionados sistemas non cubran a totalidade dos danos producidos, as subvencións previstas neste real decreto concederanse con carácter complementario e serán compatibles en concorrencia con outras subvencións, indemnizacións, axudas, ingresos ou recursos, procedentes de sistemas públicos ou privados, ate o límite do valor do dano producido”.

O concello espera agora que tamén se declare Sada como zona de emergecia de protección civil, tal e como se aprobou no pleno do 31 de marzo por unaminidade, para poder continuar coa solicitude doutras axudas que serán complementarias as que estanse tramitando neste momento así como tamén son complementarias coas polizas que os seguros de cada afectado poidan cubrir.

Censo de Afectados.

En total desde o día das inundacións contabilizáronse un total de 156 afectados dos cales 104 foron citados polo Concello e asesorados na tramitación das axudas. Hai que lembrar que este tipo de axudas non inclúen os 34 vehículos que se viron afectados nas inundacións e varios afectados incluen nas solicitudes distintas propiedades.

Os danos das inundacións alcanzan a 47 vivendas, 17 locais comerciais, 48 garaxes e trasteiros, 34 vehículos e outros 10 afectados de diversa índole como pode ser nun muro de peche de leira, nun solar en construción, ou ascensores que están inutilizados, etc.

Os afectados das inundacións de Sada son residentes en rúas Culleredo, Abegondo, Braña, Tejeras, Lagoa, Cambre, Venezuela, Betanzos, do Río, Pintor Vaamonde, Sadadarea, Primeira Travesía da Obra e calexón da Lagoa, inda que tamén hai afectados nas parroquias de Mondego, Osedo e Carnoedo polos desbordamentos dos ríos. A maioría das vivendas afectadas sitúanse na rúa Culleredo mentres que no caso dos locais comerciais a maioría pertencen a rúa Lagoa.

Entrevista co Presidente da Xunta.

A Xunta non indicou todavía a data da entrevista de urxencia  co presidente, Alberto Núñez Feijoo, que solicitaron conxuntamente o pasado 12 de abril o alcalde de Sada e o alcalde de Carballo para trasladarle a situación das inundacións en ambos concellos.

O alcalde de Sada, Benito Portela pretende trasladarle ao presidente da Xunta as resolucións adoptadas polo Pleno da Corporación o pasado 31 de marzo, onde se aprobou por unanimidade unha moción de urxencia solicitando a declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil para a zona urbana de Sada polas inundacións do día 30 de marzo e onde se inclúe o acordo de solicitar á Xunta de Galicia que no ámbito das súas competencias, de conformidade co establecido no artigo 38 da Lei 5/2007 de Emerxencia de Galicia, leve a cabo o restablecemento dos servizos esenciais afectados polo propio acontecemento catastrófico e dispoña outorgar as axudas que proceda para a reparación dos danos e prexuízos causados, declarando de natureza catastrófica o episodio meteorolóxico acontecido en Sada, previo informe da Axencia Galega de Emerxencias.

“Estamos a pedir á Xunta, sinalou Benito Portela, o mesmo que a Xunta dictaminou na concesión de axudas de catástrofes similares en Galicia, nin máis nin menos.”

Arquivado en