A concellería de Educación licitou a prolongación da marquesiña do olexio Pedro Barrié de Mondego para lograr a cubrición completa da entrada principal

01 / DEC / 2016

A concellería de Educación licitou a prolongación da marquesiña do olexio Pedro Barrié de Mondego para lograr a cubrición completa da entrada principal

-“Se trata, sinala a concelleira socialista Raquel Bolaño, do compromiso adquirido por min coa comunidade escolar e que consiste na continuación da pasarela-corredor, unindo neste caso as dúas portas de entrada por onde entran os escolares.”

- “A obra proxectada supera os 12.000 euros e mellorará o acceso peonil no CEIP Pedro Barrié de la Maza de Mondego, permitindo que alumnado, profesorado e familias podan estar nun espazo resgardados da climatoloxía”

Sada 30 novembro 2016

A concellaría de Educación, Xuventude e Saúde, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, ordenou a redacción do proxecto de execución dun soportal-marquesiña no Colexio Pedro Barrié da Maza en Sada.

O colexio Pedro Barrié da maza de Mondego sufriu varias reformas nos anos oitenta e noventa. Na última reforma, xestionada pola agora concelleira de Educación, construíuse un corredor cuberto que une a entrada ás portas 2-A e 2-B co Polideportivo, para crear unha zona segura e conseguindo a protección fronte aos axentes atmosféricos dos usuarios do complexo educativo nos traslados entre o edificio docente e o pavillón deportivo.

Desde entón non se realizou máis reformas no referente á cubrición dos espazos por onde transcurren os nenos e nenas para entrar ou sair do colexio, ou das aulas aos diferentes espazos de utilización dos escolares. A problemática que se expón agora, é a inexistencia dun espazo cuberto nos que os nenos e os seus proxenitores poidan entrar no centro educativo sen estar á intemperie, e completar así o percorrido peonil cuberto desde as primeiras portas de entrada até o pavillón deportivo.

“Se trata, sinala Bolaño, do compromiso adquirido por min coa comunidade escolar e que consiste na continuación da pasarela-corredor, unindo neste caso as dúas portas de entrada por onde entran os escolares.”

Por iso o obxecto do proxecto que agora licitouse é a prolongación da marquesiña executada na reforma anterior até a cubrición completa do soportal da entrada principal. Posto que a nova marquesiña será continuación da marquesiña actual o deseño será igual á existente tanto en materiais, cores como sistema estrutural e construtivo, para que así o resultado final sexa o dun único elemento envolvente que permita transitar por el protexidos das inclemencias atmosféricas. Facilitando deste xeito que tanto os nenos como os seus pais poidan acceder e esperar a cuberto dos fenómenos climatolóxicos.

“Este proxecto cun compromiso orzamentario neste ano, indica a concelleira de Educación, é a continuación do inicial, que xa foi unha aposta no seu momento cando eu ocupaba o cargo de concelleira de Educación. Neste caso se trata dunha segunda fase e a continuación do xa feito . A aposta polos centros públicos sempre require de investimento e melloras que teñan unha certa durabilidade. A Educación non é un gasto é un investimento a medio-longo prazo.”

A estrutura de cuberta proxectada diferénciase claramente en dúas tipoloxías,debido á diferenza de luces a cubrir. Por una lado realizarase unha marquesiña desde o punto onde remata a estrutura existente. E por outro lado un soportal , cubrindo  a escalinata de acceso principal ao edificio docente.

 “A obra proxectada supera os 12.000 euros, destaca Raquel Bolaño, que neste caso mellorarán o acceso peonil no CEIP Pedro Barrié de la Maza de Mondego, permitindo que alumnado, profesorado e familias podan estar nun espazo resgardados da climatoloxía” 

Arquivado en