A ALCALDESA DE SADA REÚNESE COA PRESIDENTA DE PORTOS E COA DIRECTORA XERAL DE PATRIMONIO CULTURAL

20 / ENE / 2023

A ALCALDESA DE SADA REÚNESE COA PRESIDENTA DE PORTOS E COA DIRECTORA XERAL DE PATRIMONIO CULTURAL

O pasado luns, con obxecto de abordar asuntos pendentes, a alcaldesa de Sada, maría Nogareda, desprazouse a Santiago para reunirse coa Presidenta de Portos de Galicia en Área Central, e posteriormente coa Directora Xeral de Patrimonio Cultural en San Caetano.

Coa presidenta de Portos Susana Lenguas tratou da ampliación prevista por Augas de Galicia da Depuradora de Sada; do Plan Especial do Porto, aínda pendente de aprobación definitiva; e da terceira Modificación de Usos portuarios, actualmente en tramitación, e pendente do informe municipal.

Igualmente Nogareda interesouse por impulsar a reordenación e mellora dos viarios e beirarrúas na contorna do Carrefour, que ten previsto abordar Portos.A alcaldesa expuxo un convenio de Sada con Portos de Galicia para a utilización de varias parcelas, unha demanda de Sada que se remonta ao ano 2012 co inicio da tramitación do Plan Especial.

Posteriormente en San Caetano, coa Directora Xeral de Patrimonio Cultural tratou a situación actual da Terraza, e as actuacións municipais pendentes tras o Decreto 16/2020, de 30 de xaneiro, polo que se declarou ben de interese cultural A Terraza de Sada.

En concreto, abordouse con Carmen Martínez e o seu equipo, a Modificación puntual da PXOM, prevista na disposición final segunda do Decreto 16/2020; e a necesidade de elaborar o Plan integral de conservación que fixe os criterios de intervención e conservación do monumento.

A alcaldesa transmitiu a preocupación existente en Sada pola situación discutida da propiedade do edificio, e que esta poida atrasar aínda máis a súa rehabilitación. Neste sentido, membros do goberno municipal téñense reunido recentemente cos propietarios, e proximamente farano con funcionarios da Demarcación de Costas do Estado. 

Arquivado en