300 escolares de Sada clausuran Illa Fantasía

09 / XUN / 2016

300 escolares de Sada clausuran Illa Fantasía

- Este proxecto, ideado pola profesora de Sada e Contornos Esperanza Arias e que está dirixido a nenos/as de 5 anos para aprender a ler e escribir, é a xuízo da concelleira de Educación, Raquel Bolaño, “unha experiencia moi positiva para a comunidade escolar polo que pensamos darlle continuidade en sucesivos anos involucrandonos ao 100%”

Sada, 9 xuño 2016.

A Concellaría de Educación estivo colaborando durante o presente curso escolar cos centros educativos do municipio na realización do proxecto de lecto-escritura para alumnos de Educación Infantil denominado "Illa Fantasía. Escola do Unicornio" no que participaron máis de 300 alumnos/as.

“Cada vez que un neno ou unha meniña aprende a ler e a escribir un unicornio nace na Illa Fantasía e levará para sempre ou seu nome”. Baixo esta lema realizouse este proxecto, ideado pola profesora Esperanza Arias,  dirixido a nenos/as de 5 anos para aprender a ler  e escribir. Nun primeiro momento o proxecto desenvolveuse no Sada e os seus Contornos e para cos anos se han ir incrementando o resto de centros educativos públicos do municipio.

Para a concelleira Raquel Bolaño “este proxecto foi unha experiencia moi positiva para a comunidade escolar polo que pensamos darlle continuidade en sucesivos anos involucrandonos ao 100% nun proxecto educativo tan importante como ensinar a ler e escribir a nenos de educación infantil”.

Está mañá levouse a cabo clausúra de Illa Fantasía cun amplo programa de actividades onde profesorado e alumnos/as compartiron unha mañá de experiencias que incluíu un paseo por Sada e unha merenda nos xardíns do Paseo Marítimo.

Posteriormente na Casa da Cultura entregáronse os “Unicornios”, para premiar aos 110 nenos de 5 anos polo seu avance en competencia lingüística. 

Como fin de clausura agradeceuse a colaboración desinteresada de varias empresas e entidades na organización do proxecto e do acto entregándolles un Unicornio de Illa Fantasía realizado na fábrica de O Castro e que desde este ano premia e identifica aos colaboradores .

As empresas colaboradoras deste proxecto foron Sargadelos (Cerámicas O Castro),  Gadis, Carrefour Market (Sada),  Buro Planet e Editorial Santillana. Tamén foron recoñecidas as colaboracións da Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo, o CEIP Sada e Contornos, o CEIP O Mosteirón, o CEIP Pedro Barrié de la Maza (Mondego), a EEI Carnoedo e a Concellaría de Cultura. Mención especial recibiron María Montes,  Lorena Barciela e Rosario Belda polo seu apoio ao proxecto Illa Fantasía. 

Arquivado en