25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA 2025

20 / NOV / 2025

25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA 2025

O vindeiro martes, 25 de novembro, ás 12:00 horas, celebramos na praza da Peixería o acto central do 25N, no que se dará lectura ao manifesto en homenaxe ás vítimas e superviventes da violencia machista e en apoio a todas as mulleres que sofren ou sufriron esta lacra.

A violencia machista non é un problema privado nin alleo. Interpélanos a todas e todos. Maniféstase nos fogares, nos centros de estudo e de traballo, nas relacións afectivas e tamén naqueles comportamentos e discursos que xustifican ou minimizan o dano. A violencia machista é unha vulneración dos Dereitos Humanos que só poderá ser erradicada cun compromiso social amplo, consciente e activo.

Por iso, animamos a toda a veciñanza a acompañarnos neste acto para amosar o compromiso da nosa vila para cos dereitos de todas as mulleres e nenas. Xuntas e xuntos contra a violencia machista. 

 

Arquivado en