02 / NOV / 2025
O Concello de Sada e o Club Atletismo Sada organizan o 2 de novembro a XII CARREIRA DA AUGA UNICEF SADA onde a inscrición será doada INTEGRAMENTE a UNICEF
REGULAMENTO
INSCRICIÓNS
LUGAR DE SAÍDA:
- Paseo Marítimo xunto a Casa da Cultura Pintor Llorents, Sada.
CARREIRAS E CATEGORÍAS:
A efectos de premiacións, as categorías a disputar son as seguintes Na categoría biberón, todos os corredores levarán medalla conmemorativa ao finalizar a carreira e non terán pódium).
- Biberóns (*) nados en 2020/21/22/23/24/25 100m
- Sub8 nados en 2018-2019 350m
- Sub10 nados en 2016-2017 350m
- Sub12 nados en 2014-2015 700m
- Sub14 nados en 2012-2013 700m
- Sub16 nados en 2010-2011 1.5km
- Sub18 nados en 2008-2009 3km
- Sub20 nados en 2006-2007 3km
- Sub23 nados en 2003-2005 10km
- Senior nados en 2002 ata 1991 10km
- Máster 1 nados en 1990-1985 10km
- Máster 2 nados en 1984-1975 10km Máster 3 nados en 1974-1965 10km
- Máster 4 nados 1964 ou antes 10km
- Inclusiva Nados 2005 en adiante 10km
- Absoluta Todas as idades do 10km 10km
- Equipos Mixtos de 4 persoas 10km
INSCRICIÓNS:
- As inscricións realizaranse exclusivamente en Champion Chip Norte. Por tratarse dunha carreira solidaria en beneficio de Unicef, as inscricións terán un donativo que será integramente para UNICEF. Na seguinte táboa atoparanse os prezos das inscricións de carreira en cada momento da realización da mesma.
AVITUALLAMENTO E DUCHAS:
- A metade de percorrido, no km 5 aproximadamente haberá un posto de avituallamento onde se repartirán augas. Ao finalizar a proba dispoñerase de duchas no pavillón municipal de Sada, situado a 1,4,km da saída, localización: Google Maps
RECOLLIDA DE DORSAIS:
- Os dorsais se recollerán o mesmo día da proba nas carpas habilitadas o efecto no lugar da saída ata 30’ antes do inicio de cada competición. Recomendase chegar con antelación suficiente para evitar colas de última hora.
- Para a recollida de dorsais poderase exixir a presentación do DNI ou documento oficial que acredite a identidade.
TROFEOS E PREMIOS:
- Recibirán medalla todos os nenos participantes nas categorías biberón. De Sub8 en diante os primeiros clasificados recibirán un magnífico trofeo de cerámica deseño de Cerámicas Sargadelos, e os segundos e terceiros recibirán medalla. Haberá trofeo/medalla para os 3 primeiros clasificados absolutos da carreira de 10 km masculino e feminino. Así como para os primeiros clasificados por equipos na carreira de 10km. Os equipos estarán compostos por un mínimo de una muller e un home. A clasificación realizarase coa suma dos 4 tempos. Recibirán trofeo/medallas os primeiros clasificados do municipio de Sada, masculino e feminino. Os trofeos non son acumulativos, excepto o dos primeiros de Sada. Será obrigatorio acudir a ceremonia de premiación para obter o premio.