
PROGRAMA:
SESIÓN VERMÚ
Creedes nos UFOzzzz? Que son? Quenes son? Ninguén o sabe…
Os nosos UfOz preferidos aterrizan no TouliñaPop Festival, e veñen con moitas ganas de montar unha boa troula de Rock & Roll!!! Será a primeira descarga sonora e sónica do día.
Bee Dee Kay Drives The UFOzzz son 5 titáns da escena rockin’ francesa que forman esta banda explosiva que transforma cada concerto nunha abducción rítmica.
Estades listos para a mellor e máis canalla sesión vermú do ano en Galicia???
- 📍UBICACIÓN: Avda. Do Porto S/N
- 🕒 HORARIO: 13:30H
PINCHADISCOS
Preparádevos para soltar o corpo, sacudir o cabelo e deixar as solas no asfalto, porque ao longo do día teremos unha banda sonora incendiaria da man dos nosos alquimistas do vinilo, auténticos feiticeiros do Groove. Chegan cas maletas cargadas de bombas sonoras, xoias ocultas e temazos que fan tremer ata o ultimo recuncho.
- 💿 Pizarrapop:
- 📍UBICACIÓN: Calle Del Río
- 🕒 HORARIO: 16:00h
Evoluciona no 2026 cara a un formato dobre, con dúas sesións monográfi cas adicadas a soportes históricos. Por un lado, unha sesión de 60 minutos en disco de pizarra (78 rpm). Por outro, unha sesión independente dunha hora en single e EP de 7”, centrada en sons beat, yeyé, garaxe e afíns, con especial atención en grupos españois dos anos 60. O ciclo incluirá ademais unha pequena homenaxe aos discos Fundador, selo clave que deu visibilidade a formacións nacionais pouco coñecidas.
CONCERTOS NA RÚA
The Fuzillis
The Fuzillis é unha banda de rock and roll instrumental formada en Londres, coñecida polo seu sonido enérxico e bailable que mestura garage rock, surf rock e sonidos selváticos dos anos 60´s. Ideáis para troulear, son famosos polos seus concertos salvaxes, tolos e cheos de humor.
Prepárate!!! Colle forzas!!! Porque ides a necesitar unha recomposición ósea de tanto saltar e bailar despois desta tolada de show.
- 📍UBICACIÓN: Rua da Praia S/N
- 🕒 HORARIO: 18:00H
Brad Marino
Brad Marino é máis coñecido por ser o cofundador e cantante/guitarrista dos americanos The Connection. 🇺🇸 Agora sacando discos baixo o seu nome dende 2018, combinando elementos del power pop clásico e o rock and roll dos 50´s cun toque de punk do 77. Se eres fan de Flamin’ Groovies, Paul Collins Beat, Dave Edmunds, Nick Lowe, Ramones ou Rolling Stones, esta é a tua mandanga.
É a primeira vez que este músico pisa terras galegas, estades listos para unha boa descarga de puro Powerpop?
- 📍UBICACIÓN: Rua da Praia S/N
- 🕒 HORARIO: 19:00H
CONCERTOS NA PRAZA IRMÁNS SUÁREZ PICALLO
Ambientando os concertos da noite estarán:
- 💿 Suzie Staysick & Phil Speto:
- 📍UBICACIÓN: Plaza Irmáns Suárez Picallo
- 🕒 HORARIO: 21:30h
Veñen de Málaga con estilos que van dende o punk ata o garaxe e o power pop, sempre co obxectivo de facer bailar e gozar ao público Cando se coñeceron decidiron xuntarse para compartir discos, pinchando nos locais e festivais que máis lles gustan, entre eles o que din que é o mellor, o Touliña Pop.
The Jackets
Formados no 2007, este potente trío suízo sempre optou por unha explosiva combinación de garaxe e mod revival dos sesenta, psicodelia e punk rock. De xeito que en directo as súas principais infl uencias denotan ecos de bandas como MC5, The Monks ou The Music Machine, pero tamén de nomes tan lendarios como The Kinks e The Yardbirds.
Daquela estades preparados para vibrar?
- 📍UBICACIÓN: Praza Irmáns Suárez Picallo
- 🕒 HORARIO: 22:30h
The Lords Of Altamont
Durante case tres décadas, The Lords of Altamont foron os inquebrantables sumos sacerdotes da furia garaxe-punk e da fanfarronería psicodélica da cidade dos Ánxeles. The Lords of Altamont continúan a evolucionar o seu son sen deixar de ser fi eis ás súas raíces. Jake Cavaliere, xunto co seu conxunto de personalidades intrépidas e talentosas, continúa a cativar ao público de todo o mundo con actuacións sen igual e poderosas.
Preparados para os sons máis explosivos?
- 📍UBICACIÓN: Praza Irmáns Suárez Picallo
- 🕒 HORARIO: 23:30h
Nashville Pussy
Alcumados por Lemmy (Motorhead) como “a última gran banda de rock and roll estadounidense”, néganse teimosamente a abandonar o maldito mundo do rock and roll. Desde 1997, Blaine Clartwright á voz e á guitarra, xunto coa súa compañeira Ruyter Suys á guitarra principal, déronlle as costas ao grunge e elixiron recuperar a diversión do rock and roll coa enerxía herdada do punk, arrasando en calquera escenario. O resultado son case tres décadas de rock and roll frenético con sete álbums de estudio e varias gravacións en directo.
Are you ready for Rock & Roll ??
- 📍UBICACIÓN: Praza Irmáns Suárez Picallo
- 🕒 HORARIO: 00:30h
Guateque:
- 📍UBICACIÓN: Edifi cio da Sociedade
- 🕒 HORARIO: 2:00 am
- 💿 El Tigre de Malasia 💿 Diego de la Church 💿 Ángel Snap 💿 Mr Klin 💿 Juancho Lizard