Sendereando no Camiño por Fisterra

03 / XUN / 2019

Sendereando no Camiño por Fisterra

O Concello de Sada programa un novo roteiro do Sendereando no Camiño nesta oa casión por Fiesterra o domingo 9 de xuño

 

LISTAXE PARTICIPANTES CON PRAZA SENDEREANDO NO CAMIÑO POR FISTERRA

LISTADO DE AGARDA SENDEREANDO NO CAMIÑO POR FISTERRA

Percorrido dunha distancia de 12 km e cunha dificultade baixa.

Poderán participar maiores de 10 anos sempre que vaian acompañados dun adulto

Terán prioridade as persoas empadroadas en Sada (comprobarase de oficio)

Actividade gratuita (inclúe transporte, seguro e guías), os participantes deberán levar a súa comida.

Saída ás 10.00h dende o Concello e regreso aproximado ás 18.00h

Data límite para realizar a inscrición: 2 de xuño

En caso de superar as 50 inscricións , realizarase un sorteo o día 3 de xuño ás 10.00 na OMIX. Para saber se tes praza deberás consultar a listaxe de admitidos a partir dese mesmo día a partir das 13.00h na web www.sada.gal ou na Oficina da Xuventude.

NOTA: As persoas que obteñan praza e desexen renunciar, deben comunicalo no teléfono 981.620331 ou no correo omixsada@gmail.com. DATA LÍMITE PARA AVISAR DA RENUNCIA: XOVES 6 de xuño ás 14.00h. O feito de non comunicar a renuncia en tempo e non acudir ao roteiro implica pasar automáticamente á listaxe de agarda na seguinte salida.

 

Arquivado en