Sada rexistra aforos de tráfico para reordenar a zona centro

16 / DEC / 2021

Sada rexistra aforos de tráfico para reordenar a zona centro

O Concello de Sada está a realizar un estudo para coñecer os aforos de tráfico no centro urbano e adoptar as medidas oportunas de reordenación durante a execución dos traballos de canalización do Río Maior

O Concello de Sada informa de que, dentro do marco do convenio de colaboracion asinado co ente publico Augas de Galicia para a mellora hidraulica da desembocadura do rio Maior, a empresa adxudicataria dos traballos de redaccion do correspondente proxecto, está a desenvolver as accions precisas para a obtencion dos datos necesarios e fundamentais para dita redacción co obxectivo final de disminuir o risco de asolagamento na zona de Cantalarrana.

Neste sentido, en datas pasadas teñense levado a cabo os levantamentos topograficos de precision que aportaran datos fundamentais aos enxeñeiros responsables do proxecto e, en datas máis recentes, estanse a colocar camaras para rexistrar os aforos de trafico e asi poder adoptar as medidas oportunas de reordenacion da circulacion durante a execucion dos traballos.

Arquivado en