Sada envía máscaras a todas as vivendas do municipio

05 / MAI / 2020

Sada envía máscaras a todas as vivendas do municipio

"O Concello de Sada quere garantir que todas as persoas dispoñan de máscaras para empregar en caso de necesidade". Así comeza a carta que se enviou desde o consistorio sadense a todos os domicilios do municipio do padrón  e onde remiten máscaras para os que habitan en cada casa, en base aos datos que existen no padrón. «Felicitamos a todas as veciñas e veciños polo comportamento exemplar que están a demostrar nestes momentos difíciles», apunta ademais o documento.

As cartas comezaron a chegar este martes e entregaranse en todas as casas e parroquias dependendo da repartición de Correos.

Martes, 5 maio 2020.

Desde o consistorio precísase que se repartirán un total de 16.000 unidades. Ademais da repartición a domicilio entrégase aos comerciantes que o solicitan un kit con máscara, luvas, xel hidroalcohólico e desinfectante. Para solicitalo hai que remitir un correo a covid19@sada.gal. Por outra banda, a Policía Local e a Garda Civil seguen distribuíndo máscaras nas glorietas e transporte público.

Até o momento, o Concello de Sada leva repartidas ao redor de 30.000 máscaras, máis da metade compradas polo consistorio e o resto entregadas por Administracións e empresas.

Varias firmas doaron máscaras en Sada desde que comezou o estado de alarma. Así, esta semana Disnav Nadal entregou no Concello 1.000 máscaras que se suman ás doadas polas empresas Cadenote e Vifer, as realizadas por Amparo Vázquez e tamén as pantallas de protección realizadas e doadas polos integrantes de Sada Markers. Desde o Concello agradeceuse o labor e a solidariedade de todos os que quixeron achegar material de seguridade.