Sada cuenta ya con un Inspector Jefe de la Policía Local tras el nombramiento de Alejandro Carballo Rodríguez

06 / DEC / 2025

Sada cuenta ya con un Inspector Jefe de la Policía Local tras el nombramiento de Alejandro Carballo Rodríguez

Onte venres foi publicado no Boletín Oficial da Provincia o nomeamento como funcionario de carreira na categoría de Inspector da Policía Local de Alejandro Carballo Rodríguez, que asume desde hoxe a responsabilidade de Inspector - Xefe do corpo.

Carballo Rodríguez acumula case vinte anos de servizo na Policía Local de Sada, polo que achega un profundo coñecemento do municipio, da súa veciñanza e das necesidades específicas do servizo. A súa longa traxectoria profesional no propio corpo constitúe un valor engadido para afrontar con eficacia a coordinación e dirección da Policía Local.

Por outra banda, o Concello de Sada agradece publicamente o traballo realizado por Francisco Montes Varela, quen durante os últimos cinco anos asumiu as funcións de xefe accidental da Policía Local. O seu compromiso, responsabilidade e dedicación permitiron garantir a continuidade do servizo nun período de transición e mellorar a organización interna do corpo. O goberno local destaca a súa profesionalidade e expresa o seu recoñecemento pola labor desenvolvida en beneficio da seguridade e da veciñanza de Sada, Montes Varela segue formando parte da estrutura policial como oficial.

Co nomeamento do novo Inspector Xefe a Policía Local de Sada dá un novo paso no reforzo estrutural que o goberno local ten marcado como unha das súas prioridades. Neste sentido, o executivo municipal destaca tamén a incorporación neste 2025 de tres novos axentes, que se sumaron ao servizo tras completar o seu ano de formación na Academia Galega de Seguridade Pública.

O Concello de Sada subliña así o compromiso continuo por mellorar os recursos humanos e operativos da Policía Local, co obxectivo de ofrecer un servizo máis eficaz, próximo e adaptado ás necesidades da cidadanía sadense.

Arquivado en