PROCESO SELECTIVO XEFE DE BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS

10 / AGO / 2023

PROCESO SELECTIVO XEFE DE BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS

Estas bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario ou calquera das situacións contempladas no artigo 1 do Real Decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores en materia de contratos de duración determinada e no artigo 10 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, así coma para substitucións por vacacións ou permisos do persoal coa categoría de xefe de brigada de prevención e extinción de incendios forestais ou xefaturas relacionadas; en todo aquelo que non estea previsto nas “BASES XERAIS PARA ELABORAR BOLSAS DE EMPREGO CON CARÁCTER INTERINO PARA POSTOS DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DO CONCELLO DURANTE O 2023”, aprobadas por Resolución de Alcaldía de data 15 de marzo de 2023 (BOP núm.57, do 23-3-2023)

Arquivado en