Portela incluirá a Sada no programa de vivendas baleiras

23 / MAI / 2016

Portela incluirá a Sada no programa de vivendas baleiras

- O goberno de Sada decidiu achegar a súa sinatura a este programa enfocado na axuda a persoas e familias en risco de exclusión social.

- O alcalde de Sada, Benito Portela, entrevistarase nos próximos días con Heriberto García Porto, director do Instituto Galego da Vivenda e Solo para preparar o convenio do programa.

Sada, 23 maio 2016.

O Concello de Sada ten pensado firmar, a través da Federación Galega de Municipios e Provincias, co Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) o convenio de colaboración para o desenvolvemento do programa de vivendas baleiras no ámbito do Plan Galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020.

A Lei de vivenda de Galicia establece que as administracións públicas poderán adoptar medidas dirixidas a impulsar a posta no mercado de vivendas en aluguer de vivendas baleiras, co obxectivo prioritario de favorecer o acceso á vivenda a colectivos singulares, mulleres vítimas de violencia de xénero, persoas maiores e persoas novas que pretendan acceder á vivenda por primeira vez.

Con este acordo procúrase pór inmobles desocupados do municipio a disposición de persoas e familias en risco de exclusión social e de xeito prioritario, ás afectadas por procedementos de execucións hipotecarias ou por desafiuzamentos por impago da renda de alugueiro da súa vivenda habitual.

A participación no convenio é libre para aqueles concellos interesados e o goberno de Sada está de acordó en sumarse a esta actuación inda que como recorda Portela, “este convenio tampouco garante un baixo prezo da vivenda para os inquilinos en todos os casos”.

Portela solicitou a pasada semana unha reunión no IGVS para adherirse ao programa e comezar o procedemento que rematará coa sinatura do acordo de adhesión.

O concello de Sada deberá mobilizar inmobles desocupados para destinalos a alugueiros sociais. Os inmobles poderán ser tanto de titularidade municipal como outros que poidan disponerse libremente para o seu uso e deberán estar libres de cargas e gravames que impidan o seu arrendamento. Tamén poderán incorporarse as vivendas protexidas que cumpran os requisitos sinalados sempre que, como consecuencia da súa calificación, non estean sometidas a ninguna prohibición para arrendalas.

Estas vivendas adxudicaranse a persoas vulnerables de xeito compatible con outras axudas públicas. A Xunta achegará todas as garantías necesarias para esas vivendas mediante un seguro multirrisco do fogar e un seguro de garantía do cobro da renda nas mensualidades impagadas que inclúe asistencia e defensa xurídica. A garantía prestada a través dos seguros terá unha duración máxima de tres anos a contar desde a formalización do correspondente contrato de arrendamento.

Portela sinalou que grazas a este programa “Sada dótase de máis recursos para protexer o dereito constitucional de todos os cidadáns a unha vivenda”.

Unha vez firmado o convenio o concello de Sada deberá elaborar unha proposta de selección de de arrendatarios e de adxudicación de vivendas e remitila ao IGVS para sometela á correspondente Comisión de Seguimento e Coordinación.

Os arrendatarios deberán atoparse nunha situación que supoña unha dificultade para acceder a unha vivenda en alugueiro no municipio e acreditar ingresos mínimos ou de axudas que lles permitan facer fronte as obrigas económicas que deriven do contrato de arrendamento. Ademáis non poderán ter parentesco ata segundo grado coas personas arendadoras.

Terán preferencia as unidades familiares, ou de convivencia, afectadas por procedementos de execución hipotecaria así coma as afectadas por un procedemento xudicial de desfiuzamento por impago de rendas da súa vivenda habitual.

Tamén terán preferencia as unidades familiares que teñan fillos menores así como familias numerosas ou monoparentais con fillos a cargo ou nas que existan mulleres vítimas da violencia de xénero, personas maiores de 65 anos ou personas dependentes.

Outra das preferencias á hora de acceder ao alugueiro de inmobles será a dificultade de asumir o custo do arrendamento dunha vivenda cando as unidades familiares foran privadas da súa vivenda habitual por danos sufridos derivados dunha circunstancia imprevisible como poder ser unha inundación.

O convenio especifica ademáis que no procedemento de adxudicación de vivendas se establece un prezo máximo de renda de aluguer que non poderá ser superior aos 300€ no caso de Sada.

Arquivado en