O goberno municipal de Sada bonificará o IBI

22 / OUT / 2019

O goberno municipal de Sada bonificará o IBI

-A bonificación entrará en vigor en xaneiro e aplicarase durante os tres vindeiros anos, ademáis será compatible con outras bonificacións xa contempladas na ordenanza municipal, como as previstas para os titulares de familia numerosa, ou aquelas outras medidas que se poidan implantar na mesma.

Sada, 22 outubro 2020.

Despois de coñecer o resultado do procedemento de valoración colectiva de carácter xeral levado a cabo no termo municipal de Sada polo Ministerio de Facenda, referido ao Imposto sobre Bens Inmobles, e vistas as posibilidades ou as diferentes medidas que dende a Administración Local se poden adoptar en referencia a este asunto para atenuar a subida do referido imposto o goberno municipal a través da concellería de Facenda incluirá no vindeiro pleno unha bonificación do imposto de bens inmobles, IBI.

Naqueles casos no que o valor catastral do inmoble se veu incrementado, o goberno de proporá ao pleno a aprobación dunha BONIFICACIÓN POTESTATIVA equivalente á diferencia positiva entre a cota íntegra do exercicio e a cota líquida do exercicio anterior, multiplicada esta última polo coeficiente do incremento máximo anual da cota líquida que queda establecido no 1,03 para todos os tramos do valor catastral e todas as modalidades de uso das construcións.

Esta bonificación entrará en vigor en xaneiro e aplicarase durante os tres vindeiros anos. Ademáis será compatible con outras bonificacións xa contempladas na ordenanza municipal, como as previstas para os titulares de familia numerosa, ou aquelas outras medidas que se poidan implantar na mesma.

Esta mañá a concelleira de Facenda, Pilar Taibo, sinalaba que “o goberno municipal ten como obxectivo limitar e atenuar a subida do IBI e rebaixar a presión fiscal sobre a cidadanía sadense, a pesares de que dita medida conleva unha redución de ingresos para as arcas municipais”.

A xuicio da concelleira esta redución de ingresos será compensada por diferentes vías tal e como xa aconteceu no ano 2016, cando o goberno de Benito Portela decidira non subir o tipo impositivo do IBI “que recordamos no Concello de Sada segue a ser o 0,50% e que na práctica supuxo unha importante rebaixa no recibo da contribución” , subliñou a concelleira.

“O obxetivo do goberno de Sada, incidiu Pilar Taibo, segue a ser favorecer ás clases traballadoras e conquerir unha mellor distribución da carga fiscal que soporta a veciñanza, polo que se seguira co estudo e elaboración de novas ordenanzas para tal fin”.