“Estamos a falar - sinala o alcalde de Sada, Benito Portela - dun polígono con moitísimo futuro polas súas comunicacións e que debemos potenciar e modernizar para que sexa atractivo de cara a instalación de futuras empresas nos 36.540 m2 pertencen ó Concello de Sada”.
Sada 23 xaneiro 2016
O goberno local inclúe no orzamento 2016, que o vindeiro xoves levará a pleno para a súa aprobación, o proxecto de sustitución da Rede Separativa de fecais e pluviais e a reposición de beirarrúas do acceso ó Polígono Sada-Cambre para dar una solución á problemática actual que permita e garantice un servizo adecuado ás necesidades existentes.
O Polígono Industrial do “Espírito Santo” situado nos concellos de Sada e Cambre foi inaugurado en maio de 1996 e conta cunhas infraestruturas e servizos adaptados ás demandas dos empresarios, amplos espazos para servizos, deportes e zonas verdes, pero leva moitos anos sen una correcta canalización tanto de pluviais coma de saneamento na entrada polo termo municipal de Sada na nacional N-VI.
Pola súa localización sitúase na zona periurbana da Coruña preto da N-VI. Goza dunha situación privilexiada, a 9 km do aeroporto e a 13 da estación de ferrocarril e do porto da Coruña, está conectado á N-VI e ademáis en poucos meses vai estar conectado á saída da Vía Ártabra que enlazada coa A9, actualmente en licitación.
“Estamos a falar - sinala o alcalde de Sada, Benito Portela - dun polígono con moitísimo futuro polas súas comunicacións e que debemos potenciar e modernizar para que sexa atractivo de cara a instalación de futuras empresas nos 36.540 m2 pertencen ó Concello de Sada”.
O Polígono do Espírito Santo ten na actualidade un dos seus accesos dende a N-VI. Esta vía xurdiu previamente á execución do polígono e a súa función era dar acceso ás instalacións da ITV existentes nas inmediacións. Coa execución do Polígono, instaláronse canalizacións de pluviais e fecais no tramo que no que o gobernó local pretende facer as obras.
Na actualidade, debido ó paso do tempo, as devanditas canalizacións encóntranse en mal estado. Por un lado prodúcense filtracións na rede de fecais que fai que o caudal vertido á rede do Concello de Cambre sexa superior ó real. Débese ter en conta que polo caudal de fecais vertido a Cambre o Concello de Sada ten que abonar un canon.
Por outro lado, a rede de pluviais discurre polo eixe da calzada, o que dificulta as labores de mantemento da mesma. Tamén existe a problemática de que os vehículos aparcan sobre as beirarrúas, dificultando ós peóns circular con comodidade e seguridade polas mesmas.
O fin das obras que o gobernó local inclúe no capítulo de investimentos do orzamento para o ano 2016 é dar solución ás problemáticas atopadas polos técnicos da concellería de Obras e Servizos e facer máis atractiva ás empresas a súa instalación nun polígono moderno e coas infraestructuras renovadas.
As obras do proxecto inclúen a canalización de pluviais e fecais na marxe esquerda da actuación. Dita canalización recollerá as pluviais da plataforma á que acompañan e tamén recollerá as augas de escorrentía procedentes da estrada N-VI mediante a execución dun arquetón de formigón no seu inicio. Ambas canalizacións discurrirán pola beirarrúa da marxe esquerda da actuación na que se instalarán os pozos de rexistro e sumidoiros.
Debido ós problemas de aparcamento que provocan que os vehículos estacionen enriba das beirarrúas, executarase unha zona de aparcadoiro de vehículos na marxe dereita da actuación, de modo que a beirarrúa existente se trasladará á zona verde actual e terá 2 m de ancho medidos a partir dos cerramentos existentes.
Para levar un control dos caudais de fecais vertidos ó Concello de Cambre, no proxecto incluiuse a instalación dun caudalímetro de correlación ultrasónica na canalización de saneamento. Débese ter en conta que polo caudal de fecais vertido a Cambre o Concello de Sada ten que abonar un canon que unha vez finalizadas as obras será real polo vertido nas súas instalación.
Na marxe dereita da actuación existen diversas canalizacións (telefónica, R, fecais, etc). Procederase á reposición de todos os servizos afectados. Dada a entidade das obras non é previsible que sexa afectada ningunha rede, limitándose os traballos ao recrecido dalgunha arqueta.
O presuposto de licitación máis impostos da obra a realizar no polígono do Espírito Santo é de 169.552,31 euros, dos que o gobernó local reserva 50.000€ no capítulo de inversións do orzamento 2016 e para o resto solicitará una subvención destinada á habilitación e mellora de infraestructuras dos parques empresariais da Comunidade Autonoma de Galicia, cofinaciada polo fondo Europeo de desenvolvemento Rexional (Feder)
Para o alcalde de Sada trátase dunha obra necesaria para potenciar a implantacións de empresas no Concello. “Temos que traballar para conseguir mellorar os viais e camiños das parroquias, tal e como fixemos cos plans provinciais, pero tamén para facer de Sada un municipio atractivo para a instalación de novas empresas que poidan dar traballo a os vecinos e veciñas de Sada. Coa posibilidade do capítulo de inversións no orzamento, que Sada non tiña desde o 2013, estamos a buscar una solución a un problema de saneamento e ademáis a potenciar una zona industrial que será máis atractiva ás empresas que queiran instalarse.”