O 65% dos turistas que solicitaron información na Oficina de Turismo de Sada aloxáronse na localidade

07 / OUT / 2019

O 65% dos turistas que solicitaron información na Oficina de Turismo de Sada aloxáronse na localidade

-A oficina de Turismo rexistrou un total de 3.989 consultas entre os meses de xuño e setembro deste ano.

Sada 4, outubro 2019.

A concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego ven de publicar as estadísticas do pasado verán relativas as visitas recibidas na Oficina de Información Turística.

Entre xuño e setembro atendéronse 3.989 consultas na oficina de turismo de Sada das cales un 81,75% foron de procedencia nacional e o resto de turistas estranxeiros, principalmente de Inglaterra e Francia. Estes datos constatan un leve aumento (6%) de procendencia de turismo estranxeiro con respecto a anos anteriores.

Outro dato significativo é que o 64,28% das consultas proviñan de turistas aloxados en Sada, ben en establecemento hostaleiros do municipio, ben en casa amigos ou familiares ou en caravanas.

Como medios de transporte os visitantes que se achegan a Sada o fixeron maioritariamente no seu vehículo propio pero tamén son moitos os que chegan en autobús e nos últimos anos en caravanas.

App de Turismo

A Concellaría de Promoción Económica, Turismo e Emprego, xestionada or Laura Rodríguez Pena, está a lanzar a nova versión da aplicación para dispositivos móbiles (App), co o fin de potenciar o directorio empresarial web, para facilitar o contacto entre empresas  e comercios asentadas no noso concello e posibles clientes, sendo un vehículo eficaz para dar a coñecer novos produtos e servizos.

A aplicación para dispositivos móbiles de Turismo de Sada lanzarase para descarga de todos os dispositivos móviles (Android e iOS) e inclúe unha listaxe de empresas de comercio, industria e hostalaría, coa información que cada empresario quere achegar así como fotos do seu negocio.

“Tivemos, sinala Laura Rodríguez, varias propostas dos establecementos e agora imos engadir algunhas melloras na aplicación para potenciala dentro do sectores económicos do municipio.”

Visitas ao Pazo de Meirás

Doutra banda advirten desde a concellaría que se están recibindo moitas consultas sobre visitas ao Pazo de Meirás, “moitas delas, sinala Rodríguez Pena, son queixas xa que nos indican que están a chamar ao teléfono de reservas pero non contesta ninguén.”

Arquivado en