Miguel Orro Muiños, do Natural Sport Sada, ouro no Open de Holanda de taekwondo

15 / MAR / 2016

Miguel Orro Muiños, do Natural Sport Sada, ouro no Open de Holanda de taekwondo

-O xoven deportista recibiu a felicitación do Concello a través de Zeltia García, concelleira de deportes, "polo seu importante éxito deportivo logrado en Eindhoven".

Sada, 16 de marzo 2016.

O taekwondista Miguel Orro Muiños, de 16 anos, gañou a Medalla de Ouro no Open de Holanda de Taekwondo, un dos campionatos máis duros do circuíto europeo, celebrado o pasado domingo na cidade de Eindhoven.

A pesar da súa mocidade, Miguel Orro Muiños atesoura no seu curriculum numerosos títulos. A principios de 2012 proclamouse campión galego infantil; a finais dese ano xa se converteu en campión de España en categoría minimosca (menos de 33 quilos) e en xaneiro de 2013 colgouse o ouro no Campionato de Europa de Taekwondo por clubs que se celebrou en Atenas (Grecia). Recentemente logrou a medalla de ouro do Campionato de España Junior

O xoven deportista que adestra co club Natural Sport en Sada, recibiu a felicitación do Concello a través de Zeltia García, concelleira de deportes "polo seu importante éxito deportivo logrado en Eindhoven".

Arquivado en