Medio Ambiente

E impreciscindíbel a concienciación social, informando a veciñanza para formar unha sociedade máis respectuosa co patrimonio natural e comprometida coa súa conservación e unha sociedade activa e transformadora, consciente e participativa nos procesos de decisión que a afectan.

Unha cidadanía respectuosa co seu medio non pode esquecer o benestar dos animais. O Concello regulará a convivencia cos animais e unha tenza responsábel na procura dunha relación máis ética. Conseguir unha integración máis xusta dos animais na vida e nos espazos públicos será un labor conxunto de todas e todos.

Servicios

  • Punto limpo
  • Desbroces
  • Benestar animal
  • Cans perigosos
  • ordenanza cans
  • Niños velutinas: velutinas@sada.gal  -  teléfono 607 438 457