Máis de 1000 persoas visitaron en xullo o Pazo de Meirás

04 / AGO / 2021

Máis de 1000 persoas visitaron en xullo o Pazo de Meirás

O Concello de Sada abriu as portas do pazo de Meirás a comezos de xullo tras a saída da familia Franco do Pazo.

O Pazo de Meirás recibiu máis de 1.000 visitas durante o primerio mes logo da súa apertura despois da sentenza de setembro do pasado ano onde se obligaba á familia do ditador a devolver o Pazo de Meirás a mans públicas.

En base ao convenio asinado xunto ao Estado e a Xunta de Galicia, o Concello de Sada organiza a xestión das visitas do Pazo de Meirás e neste primeiro mes de xestión municipal realizáronse 53 servizos guiados ao cargo do persoal técnico do Concello o que posibilitou o acceso de 986 persoas ao Ben de Interese Cultura.

Número que aumenta  a máis de 1.000 persoas se temos en conta as visitas de carácter institucional e memorístico que correron ao cargo da Asociación Cultural Suárez Picallo da man dos expertos na construción sadense Carlos Babío e o historiador Manuel Pérez Lorenzo.

Os primeiros en visitar o Pazo tras a saída dos Franco foron represaliados sadenses da ditadura como Amable Carballeira, presos galegos do franquismo, como Xan Castro ou Xesús Díaz e familiares e achegados de destacados membros da loita franquista como Humberto Baena, Isaac Díaz Pardo ou Moncho Reboiras.

O público en xeral procedeu na súa maioría de Galicia (55%) fronte ao 43% procedentes doutras CCAA do Estado, encabezadas por Madrid (33%), e un 1,7% procedente do   estranxeiro maioritariamente de EEUU (64%).

Desde as Concellería de Turismo e de Cultura amósanse satisfeitos co éxito de público neste primeiro mes que superou todas as expectativas establecidas. A boa acollida das visitas representa un interese crecente pola memoria histórica e polo coñecemento do espolio do patrimonio cultural galego que ven a subliñar a potencialidade do patrimonio histórico e cultural como recurso turístico e motor de desenvolvemento cultura para a vila de Sada.

A reserva das visitas para agosto xa están completas ao igual que parte do mes de setembro. Polo momento e dadas as restricións de aforo provocadas pola pandemia de Covid-19 as visitas realízanse en grupos de 20 persoas de martes a domingo.

Ambas concellerías puntualizanu tamén que agardan que máis adiante posibilítese o aceso libre aos xardíns ademáis das visitas guiadas programadas que están estudando reforzar coa incorporación de máis persoal. Tamén se  ten previsto para o vindeiro més a posta en marcha dunha plataforma de reservas online que facilite a solicitude de visitas ás persoas interesadas

 VISITAS:

Aspectos sobre a visita:

Extensión: 1,6 km

Duración: 90 minutos

Traxecto: Exterior pola finca do Pazo de Meirás. Acceso a dependencias limitado ao vestíbulo e capela das Torres de Meirás

Líñas argumentais da visita:

- Xeneralización/contextualización histórica

- Pardo Bazán e as Torres de Meirás

- Meirás antes de 1938

- Meirás durante a ditadura franquista

- Elementos de interese artístico-patrimonial

- Elementos de interese botánico

 

DATOS NUMÉRICOS

Nº de visitas guiadas: 53 

Non inclúe visitas de asociacións, colectivos ou entidades que foron guiadas por Carlos Babío, Manuel Pérez.  Só se inclúen as visitas realizadas nos horarios que se sinalaron no apartado de información xeral.

Nº TOTAL de persoas que participaron nas visitas: 986 

Non inclúe visitas de asociacións, colectivos ou entidades que foron guiadas por Carlos Babío, Manuel Pérez. 

 

PROCEDENCIA DOS VISITANTES

GALICIA: 55 %

Representatividade dos visitantes procedentes de Galicia por provincia de residencia:

A CORUÑA: 60,5%

LUGO: 6,3%

OURENSE: 3,7%

PONTEVEDRA: 7,4%

OUTRAS CC.AA.: 43,3%

Representatividade dos visitantes doutras CC.AA. respecto ao total de visitantes doutras CC.AA.:

MADRID 33,3% - CASTELA LEÓN 8,9% - CASTELA A MANCHA 8,2% - C. VALENCIANA 7,7% – EUSKADI 7,5% - ANDALUCIA 6,3% - CATALUÑA 5,4% - ARAGÓN 4,7% - ILLAS CANARIAS 3,5% - ASTURIAS 2,8% - NAVARRA 2,8% - EXTREMADURA 2,6% - A RIOXA 2,1% - MURCIA 1,4% - ILLAS BALEARES 0,9% - CANTABRIA 0,5% - MELILLA 0,5%

OUTROS PAÍSES: 1,7%

Representatividade dos visitantes extranxeiros según a súa procedencia sobre o total de visitantes extranxeiros:

EE.UU. 64,7% - U.E. 35,3% - Resto de Europa (non U.E.) 23,5%

Arquivado en