Visita Cultura a Palas de Rei - Portomarín

04 / ABR / 2019

Visita Cultura a Palas de Rei - Portomarín

O Concello de Sada organiza unha visita Cultural a Palas de Rei e Portomarín o domingo 7 de abril de 2019 para empadroados no Concello de Sada.

LISTAXE PERSOAS CON PRAZA NA VISITA CULTURAL PALAS DE REI - PORTOMARÍN

O Concello de Sada, a través da OMIX, organiza unha visita cultural a Palas de Rei e Portomarín, para a que destina 200 prazas, que terá lugar o domingo 7 de abril.

Só poderán inscribirse as persoas empadroadas no Concello de Sada.

O horario de parada dos autobuses será o seguinte:

Carnoedo (delante Escola Unitaria): 8:25

Veigue (Casa Dios): 8:30

Mondego (Parada de Carta): 8:35

Sada (Diante Hotel Alda Sada Marina): 8:40

Comida en ruta a cargo dos participantes. Reservado Restaurante en Ruta. Prezo menú: 15€ - Menú infantil (ata 14 anos):8€

Esta visita cultural está dentro do proxecto Xacobeo 2021

O prazo de inscrición remata o 2 de abril. En caso de superar as prazas dispoñibles farase un sorteo público o 3 de abril na OMIX. A listaxe de admitidos/as publicarase o 4 de abril

Para máis información: OMIX Sada: 981 62 03 31 – 981 62 00 75 (extensión 500)

Arquivado en