Subvencións para a organización de actividades culturais do exercicio 2020

23 / DEC / 2020

Subvencións para a organización de actividades culturais do exercicio 2020

A presente convocatoria ten por obxecto establecer o procedemento e os criterios para a concesión de subvencións no ámbito do termo municipal de Sada nas materias de “Organización de actividades culturais de interese xeral”, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o primeiro día hábil seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e terá unha duración de 10 días hábiles.

Extracto subvención actividades culturais Sada 2020

Anexo I_Memoria de actividades

Anexo II_Declaracións Responsables

Anexo III_ Memoria económica

Bases polas que debe rexerse a convocatoria de subvencións a entidades para a organización de actividades culturais, en réxime de competencia competitiva para o exercicio 2020.

Solicitude desde a Sede Electrónica do Concello de Sada

Sada, 11 decembro 2020

O Concello de Sada pretende por medio da presente convocatoria prestar axuda ás entidades culturais sen ánimo de lucro para contribuír a que acaden os obxectivos que lles son propios, fomentar a participación activa da cidadanía e democratizar o acceso da sociedade á cultura e o fomento da creación cultural a nivel local.

O período que se terá en conta para a realización das actividades subvencionables comprenderá os meses desde xaneiro a decembro de 2020. Subvencionaranse os proxectos presentados polas entidades e organizacións do sector cultural municipal que se relacionen coa consecución dalgún dos seguintes obxectivos, relacionados co establecido no Plan Estratéxico de Subvencións (PES) de Sada:

  • Organizar actividades para promover a difusión cultural e a produción cultural a través de calquera das súas manifestacións, artísticas ou divulgativas.
  • Pór en marcha iniciativas que impliquen a participación da cidadanía na creación cultural ou o coñecemento e gozo das manifestacións culturais.
  • Desenvolver accións que melloren a comunicación entre axentes culturais, así como entre estes e o público en xeral.
  • Impulsar e/ou conservar as nosas tradicións culturais, a través de disciplinas como a música, a danza, o canto, a memoria colectiva, etc.
  • Dar resposta ás demandas sociais en relación coa creación de eventos e espazos para a convivencia lúdica e a recreación.

Por proxectos entendemos a organización de actividades culturais, formativas, como poden ser cursos, charlas, actividades de promoción ou recuperación da cultura, a historia e as tradicións locais; mostras, certames, exposicións; actividades de fomento das artes literarias, plásticas, escénicas, audiovisuais ou musicais; edición de publicacións, etc.

Exclusións- Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta convocatoria as actividades que non se encadren dentro do ámbito de actuación do departamento de cultura ou que, na opinión da Comisión Avaliadora, teñan escasa relevancia e/ou carezan de interese xeral.

SOLICITANTES.

Poderán solicitar subvencións as asociacións culturais e persoas xurídicas sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:

  • Estaren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións no momento da solicitude. No caso de que a información que conste no citado rexistro non estea actualizada, a entidade solicitante deberá completala achegando a información necesaria.
  • Teren como obxecto social a realización de actividades relacionadas directamente cos fins da subvención.
  • Desenvolveren as súas actividades no termo municipal.
  • Non teren pendente de xustificación ningunha subvención ou axuda concedida polo Concello de Sada.
  • Non estaren incursas nalgunha das prohibicións previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, nin estaren incluídas nos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.
  • As entidades solicitantes deberán encontrarse ao día nas súas obrigas tributarias coa Axencia Tributaria, coa Seguridade Social e co Concello de Sada. Deberán estar tamén ao día nas súas obrigas legais co persoal que lles preste servizos.

Bases completas polas que debe rexerse a convocatoria de subvencións a entidades para a organización de actividades culturais, en réxime de competencia competitiva para o exercicio 2020.