SADA PROGRAMA UN VERÁN FAMILIAR CON ACTIVIDADES DE PEQUENO FORMATO E AMBIENTE NA RÚA.

02 / XUN / 2021

SADA PROGRAMA UN VERÁN FAMILIAR CON ACTIVIDADES DE PEQUENO FORMATO E AMBIENTE NA RÚA.

As praias permanecerán pechadas en San Xoan e polo tanto non se poderán realizar cacharelas nos areais

O Concello programa actividades en formato pequeño, de carácter familiar para crear ambiente na rúa durante este verán

Distintas concellerías colaborarán para  achegar a este verán  diversas actividades de exterior a Sada e ás parroquias: contacontos, monólogos, maxia ou cine se repartirán durante o verán.

Sada, 2 de xuño 2021.

Sada da por descartada a posibilidade de abrir as praias para a celebración de cacharelas  na noite de San Xoan. Para o Concello de Sada este verán será similar ao anterior,  evitando grandes concentracións de xente que farían case  moi difícil o control das medidas de seguridade establecidas para combater a COVID. A evolución da situación epidemiolóxica  é boa e debemos actuar sempre dende a cautela e prudencia, para intentar chegar a normalizar a situación o antes posible.

Dende a área de Seguridade Cidadá se ordeará un dispositivo de vixiancia e control na noite de San Xoán, para controlar tanto os accesos ás praias como  para actuar nas intervencións que poidan xurdir nas celebracións privadas que sí están permitidas, sempre que se cumpra ca normativa establecida polas autoridades no referido ao Covid.

O Concello lembra que para facer unha cacharela nunha parcela privada, débese presentar unha comunicación previa indicando o lugar da celebración da mesma. Esta comunicación se pode facer a través do rexistro electrónico ou presencialmente nas instalacións do concello.

Por outra banda, dende o Concello estase a traballar ademáis nun programa de festas nun entorno de seguridade, acorde á situación sanitaria programando actividades en formato pequeno de carácter familiar para crear ambiente na rúa durante este verán.

Nas Festas do Carme, 16, 17 e 18 de xullo celebrarase o “Festival do Carme”, na zona do Porto, un formato de pequenos concertos familiares e artes escénicas. Ademáis se programa o Mercado mariñeiro con protocolo sanitario e tamén a presencia dos Patexeiros.

A Feira Modernista se celebrará o 31 de xullo e 1 de agosto nunha versión condicionada por las restricciones sanitarias vigentes. Confirman o Picnic modernista,  pasarrúas así como actividades musicais e de ocio en pequeno formato. En todo caso a programación non está pechada pendente de confirmar, según evolucione a situación sanitaria, outro tipo de actividades.

Sada celebrará este ano as Festas de Agosto do 13 ao 18, sen sardiñada e sen orquestras, pero con ambientación na rúa con actividades de pequeno formato, incluíndo na programación o  concerto de Elas son Artistas  o 15 de agosto.

Finalmente as concellerías de Cultura e Participación Cidada achegarán ademáis este verán  diversas actividades de exterior ás parroquias: contacontos, monólogos, maxia ou cine se repartirán polas distintas parroquias do municipio.