Sada organizará o terceiro aniversario da reserva da biosfera "MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO"

22/12/2015

Sada organizará o terceiro aniversario da reserva da biosfera "MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO"

Os actos comezarán a prepararse dende a concellalía de Medio Ambiente xa que a proposta feita polo concelleiro Lois Suárez Becerra foi aceptada pola Xunta directiva da asociación.




Sada 22 decembro 2015.

O conselleiro responsable de Medio Ambiente, Liss Suárez Becerra propuxo á Xunta directiva da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, á que Sada pertence, celebrar o seu terceiro aniversario na nosa vila no vindeiro mes de maio.

A Reserva acadou a súa aprobación definitiva pola UNESCO na 25ª Reunión do Consello Internacional de Coordinación do Programa MaB, celebrada en París o día 28 de maio de 2013. Hai que lembrar que abrangue un total de 113.970ha que, repartidas nos 18 concellos, a convirten na segunda Reserva da Biosfera galega por orde de superficie e a primeira da provincia da Coruña.

Os actos comezarán a prepararse dende a concellalía de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente xa que a proposta foi aceptada pola Xunta directiva da asociación. Para o concelleiro, Liss Suárez son “moitas as vantaxes de pertencer e, en todo o que se poida, potenciar e dar visibilidade a este colectivo que impulsa dende o turismo sostible, algo fundamental para o futuro, ata ter produtos e marcas de calidade dentro dun desenvolvemento sostible e á conservación ambiental”.

A concellalía de Medio Ambiente xa levou a pleno o inicio dos trámites para que As Brañas sexa considerado Espacio Natural de Interés Local (ENIL) e que consecuentemente goce de protección dada a súa singularidade e forme parte desa Reserva da Biosfera a cal, segundo o concelleiro, dotará a esta de “máis riqueza en hectáreas ao tempo que de maneira recíproca, enriquecería á Sada coa súa inclusión neste espazo”.

Arquivado en:
Novas. Promoción económica, turismo e medio ambiente.

Temas:
Medio ambente.