Sada organiza o Entroido Virtual 2021

09 / FEB / 2021

Sada organiza o Entroido Virtual 2021

A Concellería de Cultura organiza o concurso do Entroido Virtual de Sada 2021, motivado pola situación de pandemia e para non perder a tradición do Entroido na nosa localidade.

Bases Entroido Virtual Sada 2021

Formulario de inscrición

Sada 9 febreiro 2021.

Poderán participar todas aquelas persoas interesadas, de xeito individual ou colectivo, que se atopen empadroadas en Sada, sen límite de idade. No caso de participación de persoas menores, unha persoa adulta deberá facerse cargo sa súa representación, cumprimentando o apartado específico para tal fin no formulario de inscrición.

Poderase participar en tres categorías: Categoría Chirigotas, Categoría Tik Tok e Categoría Balcóns  Entroideiros. A participación pode ser en calquera das tres categorías ou en todas elas, sen límite de participación, podéndose optar a tres premios diferentes en cada unha delas.

A inscrición poderá realizarse cubrindo o formulario no que se recollerán os datos necesarios, como título do vídeo ou fotografía, número de compoñentes, categoría de concurso, temática dos disfraces, etc. Tamén haberá a opción de enviar o formulario cuberto á dirección de correo electrónico cultura@sada.gal. O prazo de inscrición e de recepción de vídeos e fotografías permanecerá aberto desde o día de publicación destas bases na páxina web do concello, ata o domingo 21 de febreiro ás 23:59.

  •  Categoría Chirigotas. Creación e interpretación dunha canción satírica, acompañada de caracterización das persoas participantes e dunha posta en escena e/ ou coreografía. Sen límite de participantes e con temática libre. Deberá presentarse en formato vídeo e non poderá ter unha duración superior a 8 minutos.
  • ? Categoría Tik Tok. Creación dun vídeo en formato Tik Tok, de temática libre pero vencellada ao Entroido. Sen límite de participantes. No vídeo debe aparecer, mínimo un dos seguintes obxectos (ou todos eles) empregados dun xeito inusual á súa utilidade habitual: fregona, tixola, lámpada , esponxa de baño.
  • ? Categoría Balcóns Entroideiros. Decoración entroideira de balcóns, terrazas, fachadas ou xanelas. Debe presentarse en formato foto.

A organización poderá descartar do concurso a aqueles participantes que exhiban palabras ou actitudes que poidan considerarse ofensivas, vexatorias ou de mal gusto, tanto cara o público como cara a organización.

Os primeiros premios da cada unha das categorías serán outorgados polo público xeral. Para isto contabilizaranse o número de “Gústame” que recibe a publicación do vídeo ou da fotografía no perfil do Facebook da Omix Sada. As fotos e os vídeos publicaranse ao mesmo tempo, durante a tarde do luns 22 de febreiro e a votación estará habilitada desde ese mesmo momento ata o domingo 28 ás 23.59

Todos os premios daranse a coñecer o 1 de marzo, luns. Publicaremos o nome das persoas gañadoras, de cada categoría, no perfil de Facebook da Omix Sada e contactaremos con elas mediante chamada telefónica para acordar a recollida dos premios.

Os segundo e os terceiros premios de cada categoría serán outorgados por un xurado formado por tres persoas. O xurado valorará na Categoría Chirigotas a orixinalidade e simpatía da Chirigota; a estética, a orixinalidade e creatividade dos disfraces; a posta en escena (acompañamento con coreografías, instrumentos…)e os detalles da maquillaxe, máscaras e demais complementos propios do Entroido. Na Categoría Tik Tok valorarase a inclusión dos elementos (fregona, tixola, lámpada , esponxa de baño) dun xeito orixinal; a estética, a orixinalidade e creatividade dos disfraces; a  posta en escena (acompañamento con coreografías, instrumentos…) e tamén os detalles da maquillaxe, máscaras e demais complementos propios do Entroido. Finalmente na Categoría Balcóns entroideiros o xurado valorará a orixinalidade e estética do decorado

Premios segundo categorías:

? Categoría Chirigotas:

  • 1º premio: Nuevo Apple iPad 10.2 (2020) 128 GB + funda rígida
  • 2º premio: Robot aspirador y friegasuelos iRobot Roomba Combo + lote de xogos de mesa e gominolas.
  • 3º premio: Robot de cocina Moulinex HF4SPR30 ClickChef. + lote de xogos de mesa e gominolas

? Categoría Tik Tok:

  • 1º premio: Consola Nintendo Switch 2019
  • 2º premio: Curso de deseño e impresión 3D + curso de Electrónica Dixital en Tecnoaula360. (4 meses de duración cada un)
  • 3º premio: Drone DJI Tello

? Categoría Balcóns Entroideiros:

  • 1º premio: Suscrición anual a HBO e tarxeta regalo de 50€ en Netflix
  • 2º premio: Cestón de gominolas e productos gourmet
  • 3º premio: Cesta de gominolas e productos gourmet

Arquivado en