Sada non realizará interrupcións de subministración por falta de pagamentos durante o Estado de Alarma

23 / MAR / 2020

Sada non realizará interrupcións de subministración por falta de pagamentos durante o Estado de Alarma

Durante o período de vixencia do estado de alarma Sada non realizará interrupcións de subministración por falta de pagamentos en ningún caso.

Ademais, empresa ViAQUA, concesionaria dos servizos municipais de abastecemento de auga potable e rede de sumidoiros do Concello de Sada informa que desde o 17 de marzo o seus traballadores non se desprazan para obter a lectura dos contadores de auga e para evitar un prexuízo maior aos nosos clientes, estimaremos o consumo.

Os consumos así estimados, unha vez obtida a lectura real, normalizaranse, por exceso ou por defecto, nas facturacións dos seguintes períodos a tenor da lectura practicada en cada un deles.

Os clientes serán debidamente informados a través das facturas e tamén a través das diferentes canles de atención que pon á súa disposición a empresa.

Para facilitar o pago das facturas, ampliarase unha moura de 30 días no período voluntario.

Arquivado en