SADA LE 2019

04/04/2019

SADA LE 2019

O Concello de Sada, a través da Concellería de Educación, Xuventude e Saúde, convoca o 4º Concurso municipal “Sada Le” con motivo da celebración do Día do Libro

Bases do Concurso Sada Le


1. TEMÁTICA DO CONCURSO

Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro, o 23 de abril, queremos realizar un concurso entre as nenas e nenos sadenses coas súas creacións artísticas arredor do mundo literario.

2. PARTICIPANTES

Establécense tres categorías neste concurso dirixidas a: Nenos e nenas escolarizados en Educación Infantil ou Primaria.

3. CATEGORÍAS, FORMA DE PRESENTACIÓN E PRAZO DOS TRABALLOS

  • 1ª Categoría: Educación Infantil
  • 2ª Categoría: 1º, 2º e 3º de Educación Primaria
  • 3ª Categoría: 4º, 5º e 6º de Educación Primaria

Os participantes presentarán un debuxo, fotografía, imaxe, conto, maqueta, etc, da súa personaxe literaria favorita, libro ou do que significa a lectura nas súas vidas.

É válida calquera técnica utilizada, polo que poderá ser pintura, collage, papel maché, etc. Na parte posterior do traballo debe constar obrigatoriamente o nome do/a alumno/a, idade, teléfono de contacto, así coma o centro escolar e curso escolar. (Máximo 1 traballo por neno/a)

Os traballos entregaranse na Oficina da Xuventude (Omix), na Avda. da Mariña, 46.

O prazo dará comezo dende a publicación destas bases na web municipal e até o 19 de abril ás 18.00h

4. EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS

Durante a semana do 22 ao 26 de abril, habilitarase un espazo na 1ª planta da Oficina da Xuventude no que serán expostos os traballos realizados. Estes terán un número de identificación, co cal se poderá votar in situ na urna habilitada no mesmo espazo nese periodo de luns a venres entre as 09.00 e 14.00 e as 16.00 a 18.00h.

Cada persoa que o desexe poderá votar unha única vez , dentro das diferentes categorías.

5. PREMIOS

Os traballos presentados, cumprindo os requisitos específicados, serán votados ao longo desa semana e o que máis votos reciba, dentro de cada categoría, será o ganador/a.

O premio para cada categoría consistirá nun lote de libros. 

6. OUTORGAMENTO E ENTREGA DE PREMIOS

Na semana do 6 ao 11 de maio farase público a relación de gañadores do concurso na paxina web do concello: www.sada.gal no apartado “Sada Le” e as indicacións para a recollida do premio.

7. ACEPTACIÓN DAS BASES E DEREITOS DE AUTOR

Co obxectivo de difundir esta campaña en vindeiras convocatorias e tamén garantir os principios de transparencia, accesibilidade da información e veracidade (artigo 2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno), recolleranse fotografías e/ou gravacións dos traballos presentados e a entrega dos premios. Poderán ser empregadas para noticias contidas en xornais, publicacións e mesmo divulgadas tanto a través de servizos da sociedade da información como na páxina web do Concello de Sada.


Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Avisos. Sada. Educación, xuventude e saúde.

Temas:
Turismo. Subvencións e axudas. Formación. Educación. Cultura. Participación cidadá.