Sada lanza unha campaña de apoio ao comercio local

12/05/2020

Sada lanza unha campaña de apoio ao comercio local

En pleno inicio da fase 1 da desescalada, a asociación Sada Comercio e a Concellaría de Promoción Económica, Turismo e Emprego de Sada preparan unha serie de microcampañas para potenciar "un dos sectores económicos máis afectados nesta crise sanitaria", sinala o Concello. Ademais de formacións, asistencia ao emprego, entre as principais actuacións están a editarse diversos vídeos promocionais para destacar a preparación en materia de seguridade do pequeno comercio.

A concelleira, Laura Rodríguez, agradece a participación e colaboración dos 20 establecementos participantes e indica que está previsto lanzar a campaña nas redes sociais do Concello.


Sada 11 de maio 2020.

Coincidindo co inicio da Fase 1 do plan de transición cara á nova normalidade e a apertura de todos os establecementos comerciais, a Concellería de Promoción Exonómica, Turismo e Emprego, xestionada por Laura Rodríguez Pena, en colaboración coa asociación Sada Comercio, prepara unha serie de microcampañas para a posta en valor dun dos sectores económicos máis afectados nestacrise sanitaria.

Ademáis das formacións, a asistencia cara o emprego, en consonancia coas axudas do Concello de Sada en materia económica de cara ao sector servizos, entre as principais actuacións estanse a editar diversos videos promocionais salientando a preparación en materia de seguridade do pequeno comercio.

A concelleira agradece a participación e colaboración dos 20 establecementos participantes, e indica que está previsto lanzar a campaña nas redes sociais do Concello.

Esta campaña súmase á liña de axudas que o Concello de Sada anunciou a pasada semana para negocios con enderezo fiscal no municipio de Sada que tivesen que suspender a súa actividade ou que viran a súa facturación reducida nun 75 %, e buscarán complementar ás iniciativas dos Gobernos central e autonómico.

Nos vindeiros días terá lugar o Pleno da Corporación que aprobará unha liña de axudas den 750 euros para aquelas persoas físicas o xurídicas sen persoal por conta allea ao seu cargo. A esta cantidade se sumarán 250 euros por cada persoa contratada por conta allea ao seu cargo ata un máximo de 1.500 euros. “É unha axuda complementaria das prestacións extraordinarias do Goberno central e das que poidan xurdir do Goberno autonómico”, explicou o alcalde Benito Portela.

“Destinaremos 800.000 euros en axudas directas ás empresas de Sada”, destacou o rexedor, quen tamén subliñou que o compromiso do Concello é a de atender o maior número de solicitudes posibles plantexando a posibilidade de aumentar a partida orzamentaria inicial de 800.000€ no caso de que quedaran solicitudes sen atender. “No caso contrario, indica Portela,  se a demanda de axudas non supera esta cantidade crearase unha segunda liña de axudas para o tecido empresarial co orzamento non disposto.”

Unha vez aprobadao este Plan de axudas polo Pleno publicarase a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Outras medidas de apoio ao tecido empresarial

Por outra banda habilitará un servizo de asesoramento a pemes e autónomos a través da Axencia de Desenvolvemento Local de Sada en relación ás medidas económicas adoptadas polas distintas administracións ante a emerxencia sanitaria.

Asemade, desde o Concello continuarase a suministrar material de protección e desifección para os locais abertos ao público e comprométense a respaldar e trasladar as necesidades do sector ao resto de administracións e organismos pertinentes.


Arquivado en:
Novas. Avisos. Promoción Económica, Turismo e Emprego.

Temas:
Benestar Social. Economía. Subvencións e axudas. Participación cidadá.

AXENDA