Sada de fronte á violencia machista

16/11/2020

Sada de fronte á violencia machista

Un ano máis, desde a área de Igualdade do Concello de Sada queremos visibilizar o noso rexeitamento ante as diferentes violencias machistas. Animámosvos a todos e a todas a tomar parte nesta iniciativa e a dicir NON Á VIOLENCIA MACHISTA!

A Concellaría de Benestar fixo un deseño de máscaras violetas "DE FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO", que se lles entregarán ás entidades, clubes deportivos, asociacións, establecementos e locais de hostalaría que se adhiran á iniciativa. Cubre o formulario que encontrarás na parte baixa desta noticia para solicitares as túas máscaras.

 

Sada, 16 novembro 2020

Durante catro anos consecutivos, mediante a campaña EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS, a Concellaría de Benestar e Igualdade conseguiu tinguir de negro o noso concello grazas á alta participación e colaboración de clubes deportivos, entidades sociais, culturais, comercio, hostalaría...

A participación neste tipo de campañas creceu ano tras ano no noso municipio alcanzando un alto grao de implicación da sociedade sadende ante o problema do machismo. Por iso,  queremos involucrarvos un ano mais.

Somos conscientes de que non son tempos fáciles para ninguén, mais a crise da COVID-19 non pode turbar e invisibilizar a nosa loita ante un dos problemas máis graves que temos como sociedade: a violencia de xénero.

Por esta razón animamos a que os establecementos, na medida do posible, sigan participando na campaña ''En Negro'', reutilizando os materiais de anos pasados (camisolas, cartelaría, chapas...) para conmemorar o Día internacional contra a violencia de xénero.

Debido á situación sanitaria provocada pola COVID19, este ano o Concello de Sada incorporou dúas novidades:

  • Deseño de máscaras violetas "DE FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO", que se lles entregarán ás entidades, clubes deportivos, asociacións, establecementos e locais de hostalaría que se adhiran á iniciativa.
  • Aposta polos medios telemáticos como piar desta edición. O Concello evitará levar a cabo actividades presenciais. En todo caso, de realizarse algunha, esta estará rexida por un estrito protocolo segundo as medidas sanitarias vixentes no momento.

Como podedes solicitar os vosos materiais?

A idea é visibilizar nas redes sociais esta campaña. Para isto, animamos a que vos tiredes unha foto coas vosas máscaras violetas e tamén empregando o material de anos anteriores e as enviedes a: sadaennegro@gmail.com

Solicita a túa máscara cubrindo o seguinte formulario

 

 

 

 

 

Información básica sobre Protección de Datos
Responsable: Concello de Sada.
Finalidade: Obtención do teu consentimento para responder as cuestións que nos expós a través do noso formulario de contacto.
Lexitimación: Consentimento do interesado.
Destinatarios: Non se cederán datos a terceiros, salvo obrigación legal.
Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como se explica na información adicional.
Información adicional: Podes consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na seguinte ligazón: https://www.sada.gal/ga/privacidad

Arquivado en:
Benestar Social e Igualdade.

AXENDA