Sada da comezo as actividades de envellecemento activo con récord de participación

17 / OUT / 2019

Sada da comezo as actividades de envellecemento activo con récord de participación

Un total 314 veciños e veciñas do municipio participarán das distintas actividades deportivas e obradoiros polo que desde a concellería de Benestar e Igualdade estase a valorar a creación de novos grupos para dar resposta a alta demanda.

Sada, 16 outubro 2019.

A concellería de Benestar Social e igualdade ven de anunciar o comezo da programación de actividades de envellecemento activo para maiores de 55 anos do Concello de Sada, que se xestionan desde os Servizos Sociais.

Logo de establecerse o periodo de inscrición a concelleira de Benestar, Isabel Reimundez, destaca que este ano “alcanzamos o número máximo de prazas rexistrando 314 solicitudes, 75 máis que o pasado ano. É o ano que máis xente se apuntou as distintas actividades programadas polos Servizos Sociais”.

 Dentro das actividades máis demandadas destacan ximnasia terapéutica, ioga e reforzo da memoria. Polo que desde a concellería e logo do periodo de formalización das prazas “valorarase a creación de novos grupos para dar resposta a alta demanda” sinala Reimundez.

O aumento de participación na actividade de ximnasia terapéutica foi espectacular pasando de 34 prazas no 2017 ou 67 no 2018 a un total de 85 este ano. O mesmo sucede con Ioga actividade á que este ano están 58 persoas apuntadas, ou a actividade de reforzo da Memoria que pasou de 45 prazas no 2018 a 67 este ano.

 Desde o Concello de Sada se ofrece as persoas maiores de 55 anos distintos obradoiros e actividades deportivas para realizar de luns a venres como ioga, reforzó da memoria, pintura, restauración, tai chi e ximnasia terapéutica. Estas actividades desenvólvense nos locais municipais da Cámara Agraria e da Lagoa e teñen un custe trimestral de 15 euros. 

"Dende a Concellería de Benestar e Igualdade agradecemos o interese da poboación de máis idade da nosa vila pola alta demanda nas actividades deste programa, indica Isabel Reimundez, isto danos a entender que temos unha poboación activa, sociable e saúdable"

Arquivado en