Sada crea o Voluntariado Telefónico

20 / MAR / 2021

Sada crea o Voluntariado Telefónico

O concelleiro de Promoción da Saúde, Breogan Blanco, considera que “os nosos maiores non poden pasar inadvertidos na sociedade polo que debemos de facer porque o seu papel e implicación na sociedade,a día de hoxe, sexa máis trascendente”.

A concelleira de Benestar Social, Isabel Reimundez, subliña que “sobre todo nesta época de pandemia, na que a presenza e compañía vólvese fundamental, e moi importante e solicitado este servizo polo que lanzamos un Voluntariado Telefónico, para paliar no máximo posible esa falta de agarimo e atención, para atender e proporcionar axuda e comprensión aos nosos maiores”.

INSCRICIÓN VOLUNTARIADO TELEFÓNICO

Sada, 19 marzo 2021.

As concellerías de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado, e de Benestar Social e Igualdade, ven de crear o Voluntariado Telefónico dirixida a toda a veciñanza que queiran colaborar como voluntarios dentro das accións promovidas polo Concello para dotar á xente maior do municipio dunha atención continuada vía telefónica, co fin de coñecer as súas necesidades, motivar e prestar interese polas súas vidas, “sendo unha actividade instrutiva e áxil para motivar e mellorar a vida dos nosos maiores”.

A actividade de participación no “Voluntariado telefónico” está dirixida a formar unha listaxe de voluntarios, persoas maiores de 18 anos e o prazo de inscrición estará aberto dende o 22 de marzo ata cubrir o límite de 20 prazas. Colaborarán no programa sen necesidade de inscricións nin ocuparán praza, as persoas  pertencentes á agrupación de voluntariado municipal que mostren o seu interese en participar. A inscrición solicitarase a través da páxina web do Concello (activarase o formulario o 22 de marzo), por rexistro no Edificio Administrativo ou no local de Servizos Sociais.

O concelleiro de Promoción da Saúde, Breogan Blanco, considera que “os nosos maiores non poden pasar inadvertidos na sociedade polo que debemos de facer porque o seu papel e implicación na sociedade,a día de hoxe, sexa máis trascendente”.

Pola súa banda a concelleira de Benestar Social, Isabel Reimundez, subliña que “sobre todo nesta época de pandemia, na que a presenza e compañía vólvese fundamental, e moi importante e solicitado este servizo polo que lanzamos un Voluntariado Telefónico, para paliar no máximo posible esa falta de agarimo e atención, para atender e proporcionar axuda e comprensión aos nosos maiores”.

As persoas empadroadas no Concello de Sada terán prioridade para apuntarse no Voluntariado Telefónico e deberán dispoñer dun terminal dende o que chamar ás persoas beneficiadas deste programa así como  gardar confidencialidade da información recibida e coñecida durante o desenvolvemento da súa actividade como persoa voluntaria, mantendo segredo e profesional e por outra banda rexeitar calquera tipo de contraprestación económica que puidese recibir da cidadanía afectada directa ou indirectamente polas actividades desenvolvidas.

O Concello, só no caso de que o voluntario non posúa terminal e para casos excepcionais e xustificados, proporcionará un terminal para realizar o servizo no caso de que fose estritamente necesario, única a exclusivamente para a utilización no devandito programa. Tamén se proporcionará un certificado conforme á súa colaboración e actividade no programa de voluntariado.

Non poderán ser voluntarias as persoas que teñan antecedentes penais non cancelados por delitos de violencia doméstica ou de xénero, por atentar contra a vida, a integridade física, a liberdade, a integridade moral ou a liberdade e indemnidade sexual do outro cónxuxe ou dos fillos, por delitos de tráfico legal ou inmigración clandestina de persoas, ou por delitos de terrorismo en programas cuxos destinatarios foran ou podan ser vítimas destes delitos.