Sada celebra esta fin de semana o outlet do comercio local e o Feirón con todos os postos

27 / AGO / 2020

Sada celebra esta fin de semana o outlet do comercio local e o Feirón con todos os postos

Sada Comercio 2020 celébrase o sábado e domingo, con todas as medidas de seguridade e protocolos polo Covid-19, e se prescindirá de carpa para favorecer a ventilación e o tránsito dos visitantes ao que ofrecerán grandes descontos ante a necesidade de liquidar xénero acumulado.

Tamén o sábado 29 de agosto o Feirón volverá á súa extensión habitual tras a estabilización dos datos sanitarios na área A Coruña-Cee. Ademáis das máscaras e os xeles hidroalcohólicos, establecerase un circuíto de circulación para evitar aglomeracións con entrada na Praza de San Roque e na Rúa Pintor Vahamonde, os postos garantizarán unha distancia de separación entre eles e contárase coas forzas de seguridade locais para supervisar o cumprimento das mesmas.

Sada, 27 agosto 2020

A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego do Concello de Sada programa para o sábado 29 e domingo 30 de agosto “Sada Comercio 2020”. Este evento, que foi adiado por mor da corentena e posteriormente polos rebrotes na área sanitaria A Coruña-Cee, retómase co obxectivo de dinamizar a economía e apoiar o comercio local, facendo fincapé nas medidas de seguridade sanitarias.

A feira celebrarase este fin de semana na Praza da Terraza e poderán atoparse descontos de ata un 50% nos produtos ofertados por máis dunha ducia de participantes que abarcan desde alimentación, regalos, moda, calzado e complementos.

Participarán nesta edición Lorena Barciela, Plata Nativa, Calzados Pepe Granero, Trendy Life, Ciclos Paco, Badana, SUYAY, Miluzzete, Dans Moda, Luacork e Etdy Accesorios.

A concelleira de Promoción Económica, Laura Rodríguez sinala que a organización de Sada Comercio 2020 enmárcase “dentro do compromiso que nos puxemos como Goberno no sentido de apoiar as iniciativas do tecido comercial e hostaleiro de Sada máis neste ano que ven sendo complicado para o tecido empresarial en xeral”

O evento contará con todas as medidas de seguridade e protocolos polo Covid-19 sendo obrigatorio o uso de máscara e tamén moi importante que os asistentes atendan ás indicacións da organización. No posible se evitará manipular elementos comúns e deberase hixienizar as mans constantemente.

Volve o Feirón con todos os postos

O vindeiro sábado o tradicional feirón de Sada volverá á súa extensión habitual tras a estabilización dos datos sanitarios na área A Coruña - Cee. Ademáis das máscaras e os xeles hidroalcohólicos, establecerase un circuíto de circulación para evitar aglomeracións con entrada na Praza de San Roque e na Rúa Pintor Vahamonde, os postos garantizarán unha distancia de separación entre eles e contárase coas forzas de seguridade locais para supervisar o cumprimento das mesmas. O Concello ademáis de material de protección aos vendedores e clientela, facilitará material gráfico informativo e guías co protocolo anticovid para manter a seguridade e a prevención anticovid-19.

"O mercado semanal de Sada é un elemento dinamizador de primeira orden -explica Laura Rodríguez, Concelleira de Promoción económica-, xa que nel conflúen persoas chegadas de diferentes puntos da comarca, de áreas limítrofes e veciñas e veciños que tamén aproveitan para utilizar os servizos co comercio e da hostalaría local. Uns sectores, xunto cos da venta ambulante, especialmente afectados pola crise económica derivada da sanitaria o que fai que sexa perentorio o reinicio da actividade da feira, pero sen esquecer todas as medidas de seguridade necesarias para salvagardar a saúde da poboación".

Apoio do goberno local ao empresariado de Sada

A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego en colaboración coa asociación Sada Comercio, programou nos pasados días unha microcampaña para a posta en valor dun dos sectores económicos máis afectados nesta crise sanitaria. Ademais das formacións, a asistencia cara o emprego, en consonancia coas axudas do Concello de Sada en materia económica de cara ao sector servizos, entre as principais actuacións se editaron diversos vídeos promocionais salientando a preparación en materia de seguridade do pequeno comercio.

Esta campaña sumouse á liña de axudas que o goberno municipal de Sada  aprobou para negocios con enderezo fiscal no municipio de Sada que tivesen que suspender a súa actividade ou que viran a súa facturación reducida nun 75 %, e buscarán complementar ás iniciativas dos Gobernos central e autonómico.

Por medio desta subvencións se destinou 800.000 euros nunha liña de axudas de ata 1.500 euros por autónomos o pemes con sede en Sada. “É unha axuda complementaria das prestacións extraordinarias do Goberno central e das que poidan xurdir do Goberno autonómico”, explicou no seu día a concelleira Laura Rodríguez

Por outra banda a concellería habilitou un servizo de asesoramento a pemes e autónomos a través da Axencia de Desenvolvemento Local de Sada en relación ás medidas económicas adoptadas polas distintas administracións ante a emerxencia sanitaria.

Arquivado en