Sada avanza no traslado do Centro de Saúde

26 / MAR / 2021

Sada avanza no traslado do Centro de Saúde

O alcalde e o Concelleiro de Promoción da Saúde se reuniron onte de maneira telemática co Conselleiro de Sanidade para avanzar no posible traslado do Centro de Saúde á parcela contemplada no PXOM.

“Ademais de necesario, subliñou Portela, o cambio do emplazamento do Centro de Saúde é unha demanda histórica dos veciños e veciñas de Sada como tamén é un acordó unámine das forzas políticas da Corporación”

Sada, 26 marzo 2021.

De maneira telemática se reuniron onte o alcalde de Sada, Benito Portela, e o concelleiro de Promoción da Saúde, Breogan Blanco, co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o Xerente da Área Sanitaria A Coruña-Cee, Luis Verdes, para avanzar no posible traslado do Centro de Saúde á parcela contemplada no PXOM.

A reunión solicitada polo Concello de Sada é consecuente á demanda histórica dos veciños e veciñas do municipio que reclaman o traslado do Centro de Saúde a o centro urbán dada a situación acutal do inmoble na Avenida Párroco Villanueva que dificulta o traslado peonil ao centro, especialmente ás persoas maiores.

Precisamente o rexedor trasladou na reunión a peculiaridade da situación do edificio actual que alberga o Centro de Saúde, “de difícil acceso e escaso aparcadoiro, incluso para o transporte público dada as características do viario onde se atopa” e mostrou ao Conselleiro a parcela contemplada no PXOM para o traslado do Centro de Saúde e que conta  cunha superficie de 2.022 m2.

A parcela que ofrece o Concello de Sada á Xunta de Galicia está situada no centro urbano de Sada, fronte ao IES Isaac Díaz Pardo e a escasos metros da zona de As Brañas. Ten nunha mellor accesibilidade tanto peonil como vehicular para turismos e transporte público ademáis dun maior número de prazas de aparcadoiro na contorna.

“Ademais de necesario, subliñou Portela, o cambio do emplazamento do Centro de Saúde é unha demanda histórica dos veciños e veciñas de Sada como tamén é un acordo unámine das forzas políticas da Corporación”

Pola súa banda o concelleiro de Promoción da Saúde incidiu no custe de conservación do eficicio de Párroco Villanueva, inaugurado en 1992, que supón ás arcas municipais máis de 60.000 euros anuais ademais dos traballos de conservación que ven realizando habitualmentes os operarios municipais de  Obras e Servizos, e aclarou que independientemente do traslado á nova parcela, o Concello de Sada solicitou a renovación dos illantes (fiestas e vidreos), accesos  e sistema calefactable para unha reforma completa do edificio actual do Centro de Saúde a través do plan Next Generation.

Blanco relatou tamén o esfrozo do Concello de Sada desde o inicio da pandemia “entregando máscaras a todos a veciñanza, material desinfectante e epis aos comerciantes na reapartura, desinfectando edificios, entregando compra e medicamentos ás persoas en illamento ou corentena con persoal do SEM, desinfectando zonas transitadas ou o propio Centro de Saúde en varias ocasións”

Aproveitando a reunión o concelleiro de Promoción da Saúde lembroulle á Consellería a solicitude de incorporación en Sada do segundo pediatra “prometido en 2019”, e que aínda non se fixo efectiva.