Sada amplia o prazo para inscribrse en EMPREAMAR

18/02/2021

Sada amplia o prazo para inscribrse en EMPREAMAR

O Concello de Sada amplia, ata o domingo 21 de Febreiro, a data para a inscripción na fase de preincubación de ideas de negocio dentro do programa EMPREAMAR

Para a participación no programa débese cubrir o seguinte formulario ata o 21/02/20201 (23.59 horas) 


Sada, 18 febreiro 2021.

O Concello de Sada amplia, ata o domingo 21 de Febreiro, a data para a inscripción  na  fase de preincubación de ideas de negocio dentro do programa EMPREAMAR, (Programa de emprendemento mariño en SADA) financiado polo GALP Golfo Ártabro Sur, o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e a Consellería do Mar co obxectivo de  contribuír   ao   desenvolvemento   social, económico e ambiental do Concello de Sada e a súa área de influencia, de forma sostible e a través da creación dun ecosistema de emprendemento viable e inclusivo, buscando a xeración de   riqueza   nas   áreas   costeiras,  mediante   a   posta   en   marcha   de   negocios   sustentables   e rendibles relacionadas co medio mariño e marítimo.  

Esta fase de preincubación ofrece ás persoas emprendedoras seleccionadas (máximo 12 ideas de negocio) a titorización e mentoring do seu proxecto en base a unha metodoloxía práctica e personalizada, profundizando no reforzo técnico e emocional-motivacional coas seguintes actividades  :

  • Elaboración de un Plan de Negocio sobre a idea empresarial persoalizado.
  • Unha sesión informativa sobre as iniciativas de apoio ao emprendemento existentes na zona e as axudas e fontes de financiamiento económicas dispoñibles para o emprendemento.
  • 5 obradoiros formativos, de 4 horas cada un, en materias relacionadas co plan e xestión de empresa:
  1. Modelo de Negocio-Plan de empresa
  2. Análise do mercado: posicionamento e competencia. Definición do Produto e do Cliente
  3. Plan de comunicación e Marketing. Marketing Dixital. Estratexia de Prezos e Plan Comercial
  4. Xestión Económica-Financieira na empresa
  5. Xestión de Recursos Humáns e Liderazgo
  • Sesións de titorización individuais con cada persoa emprededora (6 sesións)
  • Contacto continuo vía Skype e correo electrónico (seguemento individual)

A continuación preséntase, de forma orientativa, as datas de desenvolvemento do programa:

  • Captación e rexistro de ideas: do 27-01-21 ao 21-02-21
  • Selección de ideas participantes: do 22-02-21 ao 26-02-21
  • Difusión e comunicación das ideas seleccionadas: do 27-02-21 ao 02-03-21
  • Inicio da fase preincubación: do 04-03-21 ao 05-03-21
  • Sesións formativa:  do 08-03-21 ao 18-06-21
  • Peche Programa: do 21-06-21 ao 25-06-21

A consulta de toda a información correspondente ao programa (bases de participación, cronograma de actividades....) está dispoñible no seguinte link: Información Programa

Se tes unha idea de negocio, este é o momento de levala a cabo!

Para a participación no programa débese cubrir o formulario antes do 21/02/20201 (12.00 horas) :

Para máis información, pode dirixirse á  empreamarsada@gmail.com , á AEDL do Concello de Sada, enviar un correo electrónico ao enderezo aedl@sada.gal; ou chamar ao teléfono n.º 637 96 27 87 (Tania Aira) / 620 765 150 (Luísa Celis)

Arquivado en:
Novas. Avisos. Sada. Promoción Económica, Turismo e Emprego.

AXENDA