Sada abre o período de inscrición do "Sendereando" e convértese no referente de programas de sendeirismo da área metropolitana

09 / OUT / 2017

Sada abre o período de inscrición do "Sendereando" e convértese no referente de programas de sendeirismo da área metropolitana

A programación actual inclúe unha ruta por Doniños-Montes de San Xurxo (Ferrol), outra polo Río Tambre-Devesa de Nimo (Santiago) e a contorna do Veral, en Friol (Lugo).

Solicitude de participación Sendereando

A Concellaría de Saúde, que dirixe Raquel Bolaño, abre o prazo para inscribirse no programa Senderando, cunha serie de rutas pola xeografía galega dirixida a todas as idades que promove non só o coñecemento da contorna senón o fomento dos hábitos saudables.

A programación actual inclúe unha ruta por Doniños-Montes de San Xurxo (Ferrol), outra polo Río Tambre-Devesa de Nimo (Santiago) e a contorna do Veral, en Friol (Lugo).

O vindeiro domingo día 22 de outubro terá lugar a primeira saída, un roteiro circular á Contorna do Veral, actividade gratuíta, que incluirá o transporte e o seguro dos participantes (maiores de oito anos). A seguinte saída, ao Doniños será o 19 de novembro e a última saída deste ano ao Río Tambre o 17 de decembro. O prazo de inscrición para estas rutas finalizará o próximo 18 de outubro.

Segundo Bolaño, o obxectivo deste ambicioso programa é cubrir un espazo de lecer activo para todas as idades, sen necesidade de maiores coñecementos técnicos e como forma de coñecer a contorna natural, etnográfico ou cultural. Neste caso haberá uns guías expertos, nos que se inclúen biólogos, educadores e intérpretes, que achegarán coñecementos técnicos sobre os diferentes campos do sendeirismo. Bolaño lembra que estas saídas á contorna natural deben servir como actividade saudable e sociocultural; a práctica saudable tanto física e cultural como social (favorece entre os participantes independentemente da súa idade) e ambiental (apréndese a respectar a natureza e gozar dela)/dela).