Prazas libres para adultos no IES Isaac Díaz Pardo para os estudos de graduado en ESO

26 / SEP / 2019

Prazas libres para adultos no IES Isaac Díaz Pardo para os estudos de graduado en ESO

A concellería de Educación e Deportes potencia a oferta pública educacional do Concello de Sada e anuncia que todavía quedan prazas libres para cursar ensinanzas de aultos no IES Isaac Díaz Pardo, concretamente os estudos para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria.

Máis información 

A oferta pública de educación de persoas adultas, gratuíta e de calidade, fai posible que as persoas adultas podan adquirir, actualizar, completar ou ampliar os seus coñecementos e aptitudes para o desenvolvemento persoal e profesional.

O currículo da segunda etapa da educación básica para persoas adultas, conducente á obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, estrutúrase en dous niveis (I e II) de forma modular.

No IES "Isaac Díaz Pardo" podes cursar os módulos 3 e 4 (nivel II) da educación secundaria de adultos na modalidade presencial. Cada módulo ten unha duración cuadrimestral. Cada un organízase en tres campos de coñecemento: ámbito de comunicación, ámbito de sociedade e ámbito científico-tecnolóxico.

Arquivado en