OBRADOIROS DE NADAL 2019 NO CEIP PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA

28 / NOV / 2019

OBRADOIROS DE NADAL 2019 NO CEIP PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA

A Concellería de Educación e Deporte do Concello de Sada organiza os Obradoiros de Nadal, que é unha oferta gratuita de actividades de lecer durante este periodo non lectivo para rapaces e rapazas nados entre o 2015 e o 2007.

Inscrición en liña

Bases Obradoiros do Nadal

Sada 28 novembro 2019

Ofértanse un total de 50 prazas para participantes empadroados/as en Sada (comprobarase de oficio). Reservaranse até un 10% de adxudicación directa desas prazas a participantes derivados dos Servizos Sociais municipais previo informe favorable dos técnicos/as con competencias nesa área.

As datas de celebración serán os días 23, 26, 27, 30 de decembro e 2, 3 de xaneiro en horario de 08.45-14.00 h. O espazo elexido para estes obradoiros serán as instalacións do CEIP Pedro Barrié de la Maza (Mondego).

Os/as solicitantes poden inscribirse no total dos días ofertados ou de forma individual nos que consideren. Isto non influirá á hora do sorteo.

O prazo de inscrición abarcará dende o día 28 de novembro até o 15 de decembro.

Formas de inscrición:

Entregando a folla de inscrición na Oficina da Xuventude ou Cubrindo o formulario en liña

Se houbese máis solicitudes que prazas, celebrarase un sorteo público entre todas as recibidas o día 16 de decembro ás 10.00 h. na Oficina da Xuventude. Establecerase unha listaxe de agarda para aquelas solicitudes que no sorteo non obtiveran praza e que poderán ser chamadas segundo haxa renuncias. No suposto caso de realizar sorteo, irmáns e irmás inscribiranse na mesma solicitude coa adxudicación do mesmo número no sorteo.

Publicación de listaxe de admitidos/as e listaxe de agarda (no caso de realizar sorteo): 18 de decembro na web municipal e físicamente na OMIX

Arquivado en