OBRADOIRO ESCRITA CREATIVA EN SADA

24 / MAR / 2021

OBRADOIRO ESCRITA CREATIVA EN SADA

Actividade organizada dende a Biblioteca Municipal do Concello de Sada para persoas adultas

Inscrición online

CONTIDOS:

  • Que sabemos da escrita?
  • Personaxes I : que é o máis importante da miña historia.Quen o conta, como se conta, o que se conta. Espazos, esceas e accións.
  • Personaxes II: persoas malas malísimas vs. protagonistas perfectas. Personaxes inesquecibles. Narrador e punto de vista. Etc...

Este obradoiro é a continuación do de iniciación impartido no segundo semestre de 2020.

Horario: Sábados de 10.30 a 12.00h: 10, 17, 24 de abril e 1, 8 de maio

MODALIDADE ONLINE

Actividade gratuita con inscrición por orde de entrada do formulario.

Terán preferencia de praza para as persoas que asistiron ao obradoiro anterior e as persoas socias da biblioteca municipal que estean empadroadas en Sada

A inscrición estará habilitada até o 7 de abril ás 14.00h.

A praza será confirmada por correo electrónico