O ENTROIDO CHEGA A SADA POLA COCIÑA

13/02/2020

O ENTROIDO CHEGA A SADA POLA COCIÑA

O fin de semana do 21 ao 23 de febrero Sada acollerá a V Edición do Concurso gastronómico Entroido de Tapas


Sada, 13 febreiro 2020.

Uns 20 establecimentos de hostelería de Sada participarán na V edición do Entroido de Tapas organizado polo Concello co fín de difundir, promover e promocionar el sector hostelero da vila a través das súas propostas culinarias. A cita será do venres 21 ao domingo 23 de febreiro e as tapas se servirán ao prezo de 1€ en horario de 11,30 a 15h e de 19,30 a 22h.

Participarán no concurso os locais Va Bene, A Nosa Viña, Albayzin, Vinoteca Go-go, Edu´s, A Xeitosiña, Mesón Riobao, A Lagoa, Vivamus, O Rincón de Burgos, Taberna A Perla, Antoxos, Zumolandia, O Pescador, Ría de Sada, El Canalla, Nordeste, Cobh, Covadanca.

Haberá tapas clásicas como empanadas de cocido ou lacón con grelos, outras máis innovadores como Pizza de entroido ou Waffle de cocido, pasando polas suxestivas Feijo(s)ada ou Vilmaaa!

Ademáis dos premios para os locais participantes haberá premios para os comensais consistentes en vales de 50€ para canxear nalgúns dos establecementos participantes.

A Concelleira de Promoción Económica, Turismo e Emprego, Laura Rodríguez, agradece a participación de todos os establecimentos de hostelería da vila que se sumaron a esta nova edición do Entroido de Tapas e anima a toda a veciñanza de Sada e comarca a participar nesta cita gastronómica.

 

 

Arquivado en:
Sada. Promoción Económica, Turismo e Emprego.

Temas:
Economía. Turismo. Cultura. Participación cidadá.

AXENDA