Nova aplicación de información de axudas empresariais e principais normativas polo COVID-19

24 / MAR / 2020

Nova aplicación de información de axudas empresariais e principais normativas polo COVID-19

Nas últimas semanas, estamos a vivir unha situación extraordinaria que a sociedade galega está sabendo afrontar desde a responsabilidade e a solidariedade colectiva que a caracterizan, entendendo a necesidade de traballar todas e todos xuntos contra este novo contexto internacional que vén provocado polo Covid-19. 

A Xunta de Galicia quere seguir nesta liña de máxima coordinación cos axentes económicos e sociais da nosa Comunidade e, ao mesmo tempo, trasladarlles toda a información e os apoios dos que dispoñe para facer fronte a esta nova realidade.

Somos conscientes de que a saída final a esta situación terá que vir desde o traballo en equipo e a unidade de todos. Por este motivo, a Xunta de Galicia acaba de poñer en marcha unha aplicación móbil (App), a través da plataforma Gohu, para estar máis cerca do noso tecido empresarial e de todos os axentes que conforman o mercado laboral galego. Con esta iniciativa queremos que poida estar informado/a en todo momento das novidades que se produzan.

A través desta aplicación terá a súa disposición, de maneira totalmente gratuíta, información de todas as axudas e as principais normativas e circulares vinculadas á problemática do coronavirus que a Xunta de Galicia xa ten aprobado. Medidas que se verán implementadas en próximas datas con novas iniciativas nas que xa estamos traballando. De igual xeito, como usuario desta plataforma tamén estará informado das principais novidades que nos trasladen desde a Administración Xeral do Estado.

Animásmolle a que valore darse de alta nesta aplicación móbil para estar puntualmente informado/a e coñecer en tempo real as medidas económicas e laborais impulsadas desde a Administración.

Se está interesado/a en darse de alta nesta nova aplicación informativa que poñemos a súa disposición, só ten que:

1.- descargar a app para dispositivos móbiles: 

Ligazón para iOS 

Ligazón para android 

Ambas ligazóns están disponibles ademais na páxina web: www.gohu.es

2.- unha vez instalada será necesario (CREAR USUARIO) opción situada na parte superior de la pantalla:

A  plataforma pediralle:

- nome completo (nome e apelidos) da persoa que realiza o rexistro

- DNI / NIE da persoa que realiza o rexistro

- data de validez do DNI: está situada na parte frontal do DNI

- DÍXITO DE SEGURIDADE:  un único díxito situado a beira das letras ESP da parte posterior do DNI

Se todo é correcto, activarse a opción de SEGUINTE:

- teléfono no que desexa recibir as notificacións 

- contrasinal: contrasinal que desexa establecer para acceder á aplicación

- aceptar a opción de “recibir notificacións da Xunta de Galicia”

- aceptar a política de privacidade que garante que non se fará uso ilícito dos datos nin se cederán a terceiros sen o seu consentimento.

3.- REMATADO O  REXISTRO xa poderá acceder á plataforma.

IMPORTANTE: É NECESARIO QUE O USUARIO DEA DE ALTA UNHA DIRECCIÓN POSTAL NA LAPLATAFORMA PARA PODER RECIBIR NOTIFICACIÓNS.

- no menú principal seleccionar a opción : DOMICILIOS

- engadir a dirección postal: provincia, código postal, poboación, rúa, número, piso...

Realizado estes pasos xa comezará a recibir as notificacións de maneira automática.

Ten máis información sobre o proceso neste enlace.

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto coa Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Emprego, no número de teléfono 665 919 781 ou ben a través do seguinte correo electrónico: hola@gohu.es