Mostraxe de lixos mariños na praia de Morazón

07 / ABR / 2021

Mostraxe de lixos mariños na praia de Morazón

Cruz Vermella Sada e a concellería de Medio Ambiente convocan á cidadanía este sábado 10 de abril ás 10h na entrada da praia de Morazón para realizar unha actividade ambiental de mostraxe de lixo mariño.

Sada, 6 abril 2021.

O obxectivo desta campaña é limpar unha das praias da contorna de Sada cuxo acceso é máis complicado para a limpeza con maquinaria. Os residuos recollidos clasificaránse en categorías para realizar un seguimento ao longo do catro sesións do proxecto.

“Como usuarios das praias e como cidadáns temos a responsabilidade de coidar o medio ambiente” indican desde a organización e animan ás persoas interesadas a participar “é un labor de todos e de todas”.

Desde Cruz Vermella achegaránse os materiais necesarios para realizar a acción: luvas, sacos, auga, así como o vehículo para o traslado dos residuos.

Para poder planificar a actividade as persoas interesadas teñen que preinscribirse contactando con Cruz Vermella  a través do teléfono: 981623654 ou a través dun correo electrónico a sada@cruzroja.es