Esperto enche de propostas o outono sadense

02 / NOV / 2018

Esperto enche de propostas o outono sadense

O Movemento Cultural Esperto volta un ano máis a propoñer Sada coma referencia da fotografía, a música, a danza, a poesía, a pintura e outras disciplinas na Comarca das Mariñas.

Sada, 2 novembro 2018

As actividades que organiza Esperto en colaboración coas áreas Benestar Social e Igualdade, Normalización Lingúística, Cultura e Promoción Económica do Goberno de Sada botan a andar hoxe venres día 2 de Novembro coa exposición "El fuego de la ausencia" do fotógrafo Carlos Durán na capela de San Roque e desenvolveranse durante todo o mes  con nomes coma Beatriz Seijo (pintura), Yolanda Castaño (poesía) ou Los fabulosos Weekends (música) xunto con moitos máis artistas coma Colectivo Caballete ou Swing Coruña.

Clarinetistas, monólogos, charlas e máis encherán Sada "dunha alternativa imbatible en canto a heteroxeneidade para aqueles que queiran achegarse a ver algo distinto" declara Liss Suárez Becerra, Concelleiro de Promoción Económica quen ademáis afirma que "o movemento cultural Esperto apórtanos a todos unha proposta baseada no sentimento,xenerosa,que trata de implicar a todos os eidos da Sociedade ".

La Terraza ou o Hotel Alda Sada Marina serán outras sedes dunha iniciativa que, este ano, inclúe a novidade de participar nos actos do  25-N Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres que organiza a concellería de Igualdade cun recital musical e poético onde participarán o colectivo Afrogalegas, Vanesa Santiago, Lúa Mosquetera ou Carolina Rubirosa entre outras que porá fin aos actos deste ano.