Don Quixote, Pinocho, Caperuchiña e Dorothy fomentan a lectura nas rúas sadenses no Día do Libro

25/04/2016

Don Quixote, Pinocho, Caperuchiña e Dorothy fomentan a lectura nas rúas sadenses no Día do Libro

- A Concellaría de Educación, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, organizou durante toda a mañá do pasado sábado 23 de abril unha actividade de lecer que xuntaba lectura cunha pequena procura de personaxes da literatura infantil e xuvenil como son Pinocho, Caperuchiña, Don Quixote e Dorothy.

-"Foi unha iniciativa, indica Bolaño, levada a cabo desde a concellaría e os colexios e que o sábado reuniu nas rúas de Sada aos personaxes dos libros cos que se traballou toda a semana. A cultura debe ser accesible  e non encorsetada, con esta iniciativa participan todos os membros da familia, os centros educativos e a sociedade en xeral".

Sada, 25 abril 2016

Os nenos e nenas de Sada gozaron dunha actividade de lecer organizada pola Concellaría de Educación, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, que xuntou a lectura cunha pequena procura de personaxes da literatura infantil e xuvenil como son Pinocho, Caperucita, Don Quixote e Dorothy.

O catro personaxes estiveron repartidos polas diferentes rúas de Sada con motivo da celebración do Día Internacional do Libro. "Foi unha iniciativa, indica Bolaño, levada a cabo desde a Concellaría e os colexios e que o sábado reuniu nas rúas de Sada aos personaxes dos libros cos que se traballou toda a semana".

De feito non foi difícil atopar os personaxes  xa que os nenos e nenas tiñan á súa disposición un mapa orientativo onde se indicaba a súa presenza. Pinocho estivo pola zona da Praia, Dorothy na contorna da Terraza, Caperuchiña Vermella nas Brañas e Don Quixote na entrada da Casa da Cultura. O mapa repartiuse durante toda a semana e podíase recoller mesmo na mañá do sábado no rexistro do edificio do Concello de Sada.

A actividade mesturou unha pequena actividade de procura, que os máis pequenos puideron realizar cos seus pais e nais, e unha vez que atopaban os personaxes lían con eles e elas un fragmento da historia que representaban, facíanse un selfie ou expresaban que significa para eles a lectura. "A cultura debe ser accesible  e non encorsetada, afirmaba Bolaño diante da Casa da Cultura, con esta iniciativa participan todos os membros da familia, os centros educativos e a sociedade en xeral".

"A lectura e a cultura en xeral non deben reducirse ao ámbito educativo é preciso levalas e achegalas á rúa" indicaba a concelleira quen ademáis declaraba que "un goberno que non coida a cultura e un goberno que non quere aos seus pais".

Esta foi a primeira edición desta actividade no Día Do Libro pero non será a última "Sada Lee, finalizou Raquel Bolaño,  chegou para quedar, a iniciativa continuara ano tras ano crecendo, polo menos mentres eu sexa concelleira de educación"


Arquivado en:
Novas. Educación, xuventude e saúde.

Temas:
Educación. Participación cidadá.

Perfís:
Xuventude. Maiores. Turistas.