Deportes potencia o Triatlón de adultos en Sada

23/09/2019

Deportes potencia o Triatlón de adultos en Sada

A concellaría de deportes colabora na difusión da nova tempada de Tríatlon para adultos


Tras terminar o verán comeza unha nova tempada no Trisada cun único obxectivo por diante: ADESTRARTE. Queremos que aprendas, que mellores, que te atopes en mellor forma física e sobre todo? que goces. Buscamos que te poidas superar a ti mesmo neste gran deporte e por iso, este ano, anímate a probar cos nosos adestramentos presenciais en Sada. A que esperas!

 

Horario de inverno Adultos (Septembro/Outubro-Xuño)

Hora/Día

Lunes

Martes

Miércoles

Jueves

Viernes

19:30/20:30

 

 

Ximnasio

 

 

20:00/21:00

Carreira a Pe

 

 

 

Carreira a Pe

21:00/22:00

Natación

 

Natación

 

Natación

 

Horario de verán Adultos (Xullo-Setembro)

Hora/Día

Lunes

Martes

Miércoles

Jueves

Viernes

19:30/20:30

Natación no mar

(Praia Mera)

 

Natación no mar

(Praia Mera)

 

Natación no mar

(Praia Mera)

20:30/21:30

Carreira a Pe (Mera)

 

Carreira a Pe (Mera)

 

Carreira a Pe (Mera)

 

Cales son os obxectivos en cada actividade?

Natación: Non te preocupes se sentes que nadas e vas cara atrás, aquí axudarémoste a que mellores na túa técnica dos diferentes estilos e poidas gozar da auga. Tamén traballaremos o teu rendemento se é o que necesitas.

Ciclismo: Saídas polas marabillosas terras galegas coa finalidade de traballar fundamentalmente a resistencia de base en bicicleta. 

Carreira a pé: Miraremos moito pola túa técnica para evitar as tan malvadas lesións e por suposto non faltarán as series. Buscaremos a máxima eficiencia para as túas pernas.

Ximnasio: Aquí traballaremos a forza e coordinación de base. Trátase dun traballo moi importante para a prevención de lesións e mellora no rendemento de carreira.


Desenvolvemento das actividades:

A actividade de natación desenvolverase na piscina municipal de Sada e a de carreira a pé quedaremos na piscina para saír a correr. As actividades de ciclismo quedan pendentes de confirmación

Prezos:

É necesario facerse socio do CAS para participar nesta actividade que ten un prezo de 25 euros/ano.

Existen diferentes cotas en base ás túas necesidades:

Prexio

Actividade

20 euros

Plan Online

30 euros

2 días/Semana + Plan Online

45 euros

Todos los días + Plan Online



 

 

Arquivado en:
Novas. Educación e Deporte. Avisos.

AXENDA