Cultura solicita a Patrimonio autorización para acondicionar a Capela de San Roque

22/06/2016

Cultura solicita a Patrimonio autorización para acondicionar a Capela de San Roque

- O técnico municipal que acudiu a realizar o informe a petición do concelleiro de Cultura, o socialista Marcos Villar, apreciou “a deterioración da fachada” e suxire “o arranxo do recebo desprendido, selado de fisuras e pintado de novo.”

- Un informe sinala que “púidose constatar a existencia de gretas e desconchados nas capas de recebo dos muros”. Estas gretas e desconchados, sinala o técnico municipal, puideron ser debidos a que no seu momento houbo unha fuga de auga na tubaxe  de subministración á fonte existente na fachada lateral, reparada polos operarios municipais no ano 2015."


Sada, 21 xuño 2016.

A concellaría de Cultura notificou esta mañá a Patrimonio a situación actual da Capela de San Roque, achegando un informe realizado por un técnico municipal e solicitou ao ente autonómico o permiso para acondicionar a fachada con pequenas obras.

O técnico municipal que acudiu a realizar o informe a petición do concelleiro de Cultura, o socialista Marcos Villar, apreciou “o deterioro da fachada” e “independentemente de que a Capela requira unha actuación máis a fondo e integral tanto do exterior como da cuberta do edificio, indica Villar, o que se suxire no devandito informe é o arranxo do recebo desprendido, selado de fisuras e pintado de novo” previa comunicación con Patrimonio informando da situación e solicitando a autorización para os labores de mellora que se pretenden facer nun primeiro momento.

O informe sinala que “púidose constatar a existencia de gretas e desconchados nas capas de recebo dos muros” Estas gretas e desconchados, sinala o técnico municipal, puideron ser debidos a que no seu momento houbo unha fuga de auga na tubaxe  de subministración á fonte existente na fachada lateral, reparada polos operarios municipais no ano 2015.”

Agora o que se propón son pequenas obras para solucionar a situación actual. “Isto, indica Marcos Villar, non solucionaría o problema do edificio da Capela de San Roque, para o que teremos que realizar un proxecto integral de reforma tanto da fachada como da cuberta e algunhas paredes interiores, pero non podemos estar de brazos cruzados ante a imaxe que ten a capela ultimamente polo que realizaremos unhas pequenas obras para solucionar os danos visibles actuais"

As obras que se pretenden realizar, que serán executadas no seu maior parte polos operarios municipais, consisten na realización duns traballos mínimos, consistentes no picado do recebo nas zonas que se atope desprendido e execución dun novo, o selado de fisuras  e gretas e o pintado de cor branca, igual ao existente.

“Na zona da fachada lateral, sinala o concelleiro, haberá que retirar  parte do recebo e substituílo por un novo, e noutras partes chegaría co selado das fisuras; para posteriormente darlle unha nova capa de pintura similar ao existente.”

Estas tarefas serán realizadas polos operarios municipais, previa autorización de Patrimonio, por estar ante un elemento que as  normas complementarias e a súa subsidiarias de plan de Sada de 97 figuraba catalogado como PHA-22 (Capela de San Roque), ao que no día de hoxe o Concello envioulle tanto o informe do técnico municipal como a solicitude destas pequenas obras. 

Arquivado en:
Novas. Cultura.

Temas:
Turismo. Urbanismo. Cultura. Obras e servizos.

AXENDA