Cine, chocolasada e solidariedade nos próximos días en sada

22/12/2015

Cine, chocolasada e solidariedade nos próximos días en sada

Mañá as 19:00 horas se proxectará no auditorio da Casa da Cultura a película “El alucinante mundo de Norman”. Chocolasada celébrase o 24 de decembro cun evento que xurde da Biblioteca Municipal “Ramón Suárez Picallo” en colaboración coa comunidade escolar.

O 27 diciembre Sada celebra un día solidario con dúas actividades. Pola mañá organízase unha exhibición de zumba e pola tarde na Casa da Cultura un concerto benéfico a cargo do grupo Amizades.


Sada 22 decembro.

Sada segue a celebrar actividades dentro da programación do Nadal organizadas polas concellerías de Cultura e de Xuventude.

Mañá mércores as 19:00 horas haberá una sesión de cine infantil no auditorio da Casa da Cultura coa proxección da película “El alucinante mundo de Norman”. Esta actividade ten entrada libre e realízase co apoio da Diputación Provincial

Chocolasada

Dende a concellería de Cultura, xestionada por Marcos Villar, convidan tamén as familias de Sada a participar na tarde do 24 de decembro a un evento que programan dende a Biblioteca Municipal “Ramón Suárez Picallo” en colaboración coa comunidade escolar e que leva o nome de “Chocolasada”.

Centos de nenos e nenas das escolas do municipio formaron varios coros que interpretarán unha panxoliña ou cantiga de Nadal nun recital que levarase a cabo na Plaza de San Roque as 17:30 horas do día de Noiteboa

Ademáis dende a Concellería de Cultura prográmase unha animación sorpresa e un desfile polas rúas cheo de alegría. De volta na praza os participantes desgustarán chocolate con churros e terán a recepción con Papá Noel.

Día Solidario

O 27 diciembre Sada celebra un día solidario con dúas actividades. Pola mañá organízase unha exhibición de zumba e pola tarde na Casa da Cultura un concerto benéfico a cargo do grupo Amizades. En ambas actividades recolleranse alimentos para posteriormente entregar ás distintas entidades cívicas do Concello como son Cruz Vermella, Cáritas e Club de Leóns.

As invitacións para ambos pases (18:30 horas e 20:00 horas) están dispoñibles na Casa da Cultura ata completar o aforo. Poderanse retirar un máximo de 4 invitacións por persona.

O obxetivo do Dia Solidario é recadar alimentos non perecederos e productos de hixiene polo que o día 27 de decembro haberá un espazo dispoñible para que os asistentes poidan depositalos tanto na exhibición de Zumba coma no concerto de Amizades..

Premios postais Nadal

No transcurso do concerto de Nadal celebrado o pasado sábado entregaranse os premios do concurso infantil de Postais do Nadal que dende a concellería de Educación organizaron para fomentar a participación do alumnado dos centros educativos de educación infantil e primaria e ao mesmo tempo deseñar a felicitación navideña oficial que utilizará o Concello de Sada nestas datas.

Os gañadores de cada categoría foron Diego Ponce Burgos e Saúl Costoya Mouriño, ambos do C.E.I.P O Mosteirón. Jimena Sáiz Yudega e Inés Naya Martinez, ambas do C.E.I.P. Pedro Barrié de la Maza (Mondego). A postal gañadora absoluta do concurso municipal de postais do Nadal 2015 correspondeu a Laura Pampín Sanabria que cursa 6º E.P. do C.E.I.P. O Mosteirón.

Arquivado en:
Novas. Cultura.

AXENDA