BANDO DA ALCALÍA 13 MARZO 13:30 HORAS - CORONAVIRUS

13 / MAR / 2020

BANDO DA ALCALÍA 13 MARZO 13:30 HORAS - CORONAVIRUS

 

Bando da Alcaldía de Sada 13 marzo 2020 - 13:30 horas

Polo presente, comunícase a toda a veciñanza do Concello de Sada que, ante a emerxencia de saúde pública provocada polo COVID-19 e en concordancia coas medidas anunciadas polas autoridades sanitarias da Xunta de Galicia e do Ministerio de Sanidade, pola Alcaldía-Presidencia do Concello de Sada, adoptáronse as seguientes MEDIDAS e fixéronse as seguintes RECOMENDACIÓNS, que se manterán, cando menos, ata o vindeiro 27 de marzo de 2020, e que poderán ser ampliadas ou reducidas en función das directrices que establezan as autoridades sanitarias: 

PRIMEIRO: Procédese ao peche ao público en xeral das seguintes instalacións de titularidade do Concello de Sada ou das súas entidades dependentes:

As instalacións deportivas municipais, tanto as que conforman un recinto pechado, como as instalacións ao aire libre (Complexo de Pavillón e Piscina municipais, Campos de Fútbol)

A Casa da Cultura Pintor Lloréns, Biblioteca Municipal e sala de exposicións Capela de San Roque.

A Escola Infantil Flora Ramos.

As Casas do Pobo das parroquias.

A Oficina de Turismo.

Os parques infantís.

SEGUNDO: Suspensión de todas as actividades deportivas e socioculturais organizadas polo Concello e todas aquelas que se desenvolvan, por terceiros, nas instalacións municipais, tales como obradoiros, cursos, e similares.

Feirón do sábado. 

TERCEIRO: Os plenos municipais realizaránse a porta pechada.

CUARTO: A atención ao público nas áreas de Rexistro, Padrón e Omix, acotaránse ao horario de 10:00 h. A 12:00h. No resto das dependencias municipais estará PROHIBIDA a entrada ao público, agás as persoas con cita concertada.

QUINTO: Recoméndase á cidadanía realizar as xestións municipais vía telemática (www.sada.gal) ou por teléfono (981620075)

SEXTO: Outras recomendacións:

Non acudir a lugares que impliquen aglomeración de persoas, especialmente se se trata de sitios pechados e poñendo especial atención a colectivos vulnerables (persoas maiores, poboación infantil ou persoas con enfermidades crónicas)

Seguir as instrucións ditadas polo Ministerio de Sanidade e a Consellería de Sanidade, e en caso de ter algún síntoma leve ou precisar información contactar co teléfono 900 400 116.

Consultar fontes oficiais para informarse, como á páxina do Ministerio de Sanidade (www.mscbs.gob.es) e evitar a propagación de “bulos” ou informacións non contrastadas por redes sociais.

Ás asociacións e entidades do Concello, que eviten as aglomeracións e actos colectivos durantes os vindeiros 15 días condicionado á evolución da enfermidade.

Non realizar depósitos masivos de alimentos nas casas dado que, segundo se traslada dende a Xunta de Galicia, están garantidos os subministros.

Non realizar visitas nin a residencias de maiores, nin hospitais, a excepción de casos de extrema necesidade.

Evitar viaxes e desprazamentos que non se consideren imprescindibeis.

Recoméndase á veciñanza que, de non ter acceso a xel alchohólico para a limpeza das mans, as lave con auga e xabón frecuentemente.

Sada, a 13 de marzo de 2020

Óscar Benito Portela Fernández - Alcalde de Sada